Os edís de Xuventude e Deportes, Jorge Bustos, e Cohesión Social e Territorial, Ana Abelleira, participaron este luns na presentación da sexta edición da media maratón Cidade de Lugo, que terá lugar o vindeiro domingo, 12 de maio, organizada polo diario El Progreso, coa colaboración do Concello.
O Concello de Lugo celebra este xoves, na Praza Maior, o Día de Europa, unha efeméride que cada 9 de maio conmemora o aniversario da histórica Declaración de Shuman, asinada en 1950.
A Concelleira de Participación, Cristina López, estivo presente durante a xornada na que "organizamos, dende o departamento, un concerto coa vocalista Iria Estevez, un reparto gratuito de flores e unha homenaxe a todas as nais que xacen no cemiterio de San Froilán".
O Executivo de Paula Alvarellos porá a disposición de empresas interesadas oito postos na rúa Quiroga Ballesteros para a promoción e difusión dos seus productos ou servizos durante a celebración do Arde Lvcvs 2024.
A Área de Xuventude, que dirixe o edil Jorge Bustos, organiza un campionato de carreiras virtuais de condución con 800 euros en premios para a mocidade lucense, a partir de 14 anos.
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, anunciou este xoves as dúas últimas incorporacións que se sumarán ao cartel da vindeira edición do Caudal Fest, a cita musical de referencia no municipio e un dos festivais máis importantes do noroeste peninsular.
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro,presentou xunto con José Luís Díaz, representante da Sociedade Filarmónica de Lugo, a 51 edición da Semana de Música do Corpus, que este ano terá lugar entre o 18 de maio e o 1 de xuño.
O Tenente de Alcaldesa do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira responsable da área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, asistiron na Capela de Santa María á inauguración da exposición con motivo do 20 aniversario da creación do Conservatorio Profesional de Danza d
A I Liga de Oratoria Intercentros promovida polo Concello, a través da Área de Xuventude, terá lugar do 10 ao 12 de maio e reunirá a seis centros educativos da cidade: IES Muralla Romana, CPR Maristas; IES Ollos Grandes; FEC San José, IES Lucus Augusti e CPR Franciscanos.
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga, asinaron esta mañá na Casa do Concello un protocolo de cooperación que permitirá poñer en valor a antiga Fábrica da Luz e a súa contorna, recuperando así este emblemático complexo p