Corte no servizo da Rede Municipal de Subministración de Auga previsto para hoxe, 25 de abril

O Concello de Lugo informa de que hoxe, 25 de abril, procederá a cortar durante a tarde o servizo na Rede Municipal de Subministración de Auga en:

  • Rúa Pontevedra, Rúa Castro Gil, Rúa Betanzos e Rúa Mondoñedo dende a Rúa Concepción Arenal ata a Rúa Tui.

A Brigada de Augas estima que o servizo quedará restablecido esta mesma xornada.

O Concello pide desculpas á cidadanía afectada polas molestias que lles ocasione este corte de auga.