Con estas incorporacións refórzanse os servizos de Augas, Urbanismo e a atención nas Escolas Infantís
- Tema
Xoves, 05 de decembro de 2019
Fonte:
Gabinete de Prensa
A rexedora de Lugo, Lara Méndez, acompañada pola edil de Gobernanza, Paula Alvarellos, daban a benvida, esta mañá, a tres novos funcionarios, dúas mulleres e un home, que hoxe efectivizaban a toma de posesión nos seus cargos.
Trátase dunha técnica de xardín de infancia que se incoporará á Escola Infantil Serra de Outes; dun lector de contadores que se integrará no Servizo de Augas e dunha delineante que pasará a formar parte do departamento de Enxeñería. Tres postos que foron cubertos mediante sistema de oposición en quenda libre.