- Tema
Mércores, 26 de febreiro de 2014
Fonte:
Gabinete de Prensa
O Alcalde accidental, Luis Álvarez, e a Concelleirade Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, encabezaron esta mañá a concentración contra a violencia machista que convocou o Concello para condenar o asasinato da veciña de Lugo, María Luisa Jiménez Jiménez.
Na concentración participaron a Corporación municipal e outras autoridades como o Presidente da Deputación Provincial, José Ramón Gómez Besteiro; o Subdelegado do Goberno, Ramón Carballo, e deputados provinciais. Tamén se sumaron ó membros da Asociación Secretariado Xitano, traballadores municipais e veciños e veciñas, que sostiveron unha pancarta co texto “Ante a violencia de xénero, tolerancia 0”.
A concentración, na que se gardaron cinco minutos de silencio, tivo lugar diante da Casa do Concello e nela a Concelleira de Benestar Social anunciou que se celebrarán tres dias de loito oficial no Concello.
Unha vez rematado o acto, Ana G. Abelleira, manifestou “as súas condolencias á familia da vítima” e, en segundo lugar, “debemos decir basta xa de tanta violencia e todos temos que poñer da nosa parte para rematar con esta lacra que invade a toda España”.
“Temos que pedir a todas as persoas que sempre que teñan coñecemento de indicios de violencia que denuncien tanto a través do 016 como ante as forzas e corpos de seguridade para velar pola seguridade das mulleres” segundo manifestou González Abelleira.