- Tema
O vindeiro domingo 23 de novembro, ábrese una nova tempada do Circuíto Larsa de Carreras Populares Corre con Nós organizado pola Concellería de Deportes que dirixe José Manuel Díaz Grandío. A primeira das carreiras comezará ás 12:00 horas nas Pistas de Atletismo Gregorio Perez Rivera.
As inscricións para esta primeira carreira finalizaron o xoves día 20 de novembro, pero os que desexen unirse á competición poderan facelo despois desta primeira proba segundo marca o regulamento.
Esta novena edición batiu novamente todos os records iniciais de inscrición reunindo para esta 1ª carreira un total de 1.967 atletas inscritos entre rapaces e rapazas e adultos.
Os 3 primeiros clasificados das carreiras dos rapaces terán trofeo en tódas as probas, mentras que os adultos irán puntuando para a clasificación final do circuíto.
Participando en seis carreiras das sete que compoñen o circuíto, os adultos obterán como premio un vale de 40 euros para trocar por material deportivo en Deportes Elide, mentras que os máis pequenos recibirán o mesmo agasallo participando en 6 das 8 que compoñen o seu circuíto. Por suposto, os gañadores de cada unha das categorías en cada carreira recibirán o seu premio.
Todos os que rematen a derradeira carreira do circuíto obterán un vale por unha camistea para trocar no Centro Comercial As Termas. Ademáis, despois de cada unha das carreiras haberá premios especiais como sesións para o Lucus Spa ou sesións de fisioterapia en Fisiogym.
A empresa Larsa como patrocinador oficial do evento repartirá o final de cada carreira degustacións dos seus productos ós atletas que finalicen a súa proba.
·PRIMEIRA CARREIRA : 800 mt
o Categoría A: 349 atletas inscritos
o 1ª carreira : 12:00 h distancia de 800 mt
·SEGUNDA CARREIRA : 1.780 mt
o Categoría B: 270 atletas inscritos
o 2ª carreira: distancia 1780 mt
·TERCEIRA CARREIRA: 2.720 mt
o Categoría C: 147 atletas inscritos
o Categoría D: 101 atletas inscritos
TOTAL: 867 rapaces e rapazas
· CUARTA CARREIRA: 5.190 mt
o Adultos 1.110 atletas inscritos distancia de 5.190 mt
Máis información e recorridos: web do Corre Con Nós