- Tema
Martes, 13 de novembro de 2007
Fonte:
Gabinete de Prensa
Os cursos organizados pola Escola de Tenis de Verán darán comezo esta tarde nas canchas municipais de Frigsa. As clases desenvolveranse de 18 a 20 da tarde, todos os martes e os xoves, entre o 19 de xuño e o 15 de setembro.
Esta iniciativa é pioneira na cidade e foi creada en colaboración pola Concellería de Deportes e a Federación Galega de Tenis para fomentar un deporte saudable e consolidar a súa práctica en Lugo.
A escola oferta cursos de iniciación que van destinados a rapaces de entre 6 a 14 anos e a persoas maiores de 14 anos con desexos de iniciarse no tenis. Esta actividade e gratuíta e xa están inscritos máis de cincuenta participantes.