Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Venres, 26 de abril de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Ataque de cans

A mañá do día 25 de abril, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda á Avenida das Américas, xa que ao parecer dous cans atacaran a unha persoa.

Os axentes localizan a dous cans soltos pola devandita avenida, procedendo a guialos cos vehículos policiais cara a un lugar seguro, logrando retelos nunha zona da rúa Pomar, utilizando uns valos de obra para cercar o lugar e evitar que escapen, solicitando a presenza do servizo de Lacería, para ser trasladados á Protectora de Animais.

Os policías proceden á identificación da persoa atacada, manifestando que cando estaba a pasear co seu can, estes dous animais abalanzáronse sobre eles e ao protexer á súa mascota resultou lesionada nunha man, sendo informada da posibilidade de emprender accións legais contra os propietarios dos cans atacantes por estes feitos, levantando o correspondente parte de intervención, á espera da presentación da correspondente denuncia.

Compróbase que os dous cans, de raza pastor alemán, teñen microchip, polo que se logra a identificación dos seus propietarios, os cales manifestan que os cans se achaban nunha leira da rúa Marqués de Ombreiro, completamente pechada, pero os animais escapáronse, cavando un foxo, levantando ademais as correspondentes actas de denuncia por infraccións á Lei de Benestar Animal.

Auxilio a cidadáns

No día de onte, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, tiveron que intervir en dous servizos de axuda humanitaria.

O primeiro na zona norte da cidade onde a patrulla acode ao interior dunha vivenda para auxiliar a unha persoa que se caeu e non podía levantarse, observando que esta persoa tiña dores produto da caída, polo que se require a presenza dunha ambulancia do 061 para o seu traslado ao HULA, informando os axentes deste suceso á familia.

A segunda intervención prodúcese na zona sur da cidade, onde unha patrulla acode a un domicilio onde unha persoa de avanzada idade tropezara, caéndose e non podía levantarse, nin coa axuda dun familiar que o acompañaba, sendo auxiliado polos policías que o incorporan, trasladándoo ao salón da casa, quedando sentado nun sofá a cargo do familiar, non necesitando asistencia médica.

Noticias relacionadas