Medio centenar de estudantes lucenses participán na xornada sobre desinformación e fake news co politólogo Pablo Simón

Xoves, 25 de abril de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Medio centenar de estudantes lucenses participán na xornada sobre desinformación e fake news co politólogo Pablo Simón

Medio centenar de estudantes lucenses participaron este xoves na xornada sobre desinformación, participación política e eleccións europeas, organizada polo centro municipal de información Europe Direct Lugo no auditorio do Vello Cárcere, coa participación do politólogo e investigador Pablo Simón, analista habitual en medios de comunicación como La Sexta, TVE ou Cadena SER.

No evento tamén participaron de forma telemática María Campo, membro do equipo de comunicación da Representación da Comisión Europea en España; e Teresa Coutinho, responsable de educación e mocidade na Oficina do Parlamento Europeo en España.

A xornada foi inaugurada polo concelleiro de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, quen subliñou a importancia deste tipo de iniciativas para “promover a conciencia política entre a mocidade, poñer en valor a importancia da Unión Europea e loitar contra a proliferación da desinformación e as noticias falsas, un fenómeno en auxe nas redes sociais”.

O obxectivo desta xornada, baixo o título “Europa responde: desinformación e fake news”, foi proporcionar información sobre as institucións europeas, as políticas e as prioridades de actuación da Unión, así como as oportunidades da UE para os mozos e mozas, nun momento trascendental pola celebración das eleccións ao Parlamento Europeo, que terán lugar o vindeiro 9 de xuño en España.

Multimedia

  • Medio centenar de estudantes lucenses participán na xornada sobre desinformación e fake news co politólogo Pablo Simón

Noticias relacionadas