O Campionato de Street Workout que terá lugar este sábado cambia de localización e realizarase na pista de vólei praia situadas ao carón das piscinas de Frigsa

A finais do mes de xuño estará instalada unha pista ao aire libre para a práctica deste deporte nas costas do Parque Rosalía

Xoves, 04 de xuño de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Deportes informa do cambio de emprazamento do Campionato nacional de Street Workout que se celebra esta sábado en Lugo. Así, a nova localización será nas pistas de volei praia situadas ao carón da piscina de Frigsa e onde se instalarán os aparatos portátiles e de similares características aos que se van instalar a finais de xuño no Parque Rosalía de Castro.

Así, debido a un retraso na entrega dos elementos necesarios para a práctica do workout por parte da empresa subministradora, non estará o parque instalado a tempo para acoller dito campionato nas costas do Parque Rosalía de Castro como estaba previsto.

Este Campionato nacional terá lugar entre as 11 e as 21 horas, e reunirá en Lugo a  uns 60 participantes procedentes de distintos puntos de España.

O parque de Street Workout vaise instalar nas costas do Parque Rosalía de Castro e o investimento nel é de arredor de 23.000 euros.

O Street Workout é un movemento deportivo e social co que se promove a práctica do exercicio físico ao aire libre que se practica principalmente en parques públicos habilitados con barras de ximnasia, empregando o propio peso corporal como lastre. 

Noticias relacionadas