- Tema
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, inaugurou esta mañá no Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo un Seminario para a Difusión da Creación de Empresas.
Organizado polo Concello en colaboración con BIC Galicia persegue o obxectivo de achegar aos asistentes á realidade do mundo da empresa, valorizar a figura do empresario e analizar o proceso que media entre a motivación, a xeración dunha idea e a súa conversión en empresa, destacando a importancia de elaborar un plano de viabilidade e dando a coñecer as ferramentas e axudas que teñen á súa disposición os emprendedores galegos.
A metodoloxía deste seminario baseouse nas experiencias do Banco de Proxectos Empresariais de BIC Galicia - IGAPE, unha extensa base con cerca de 200 experiencias de emprendedores galegos. Ao longo de 3 horas os asistentes puideron coñecer de primeira man a experiencia dun emprendedor á hora de por en marcha o seu negocio.