- Tema
O XLVI Gran Premio Ciclista da Milagrosa terá lugar o vindeiro sábado 5 de setembro organizado polo Club Ciclista Milagrosa en colaboración coa Concellería de Deportes que dirixe José Manuel Díaz Grandío.
A carreira, que terá lugar no circuíto da Avenida Duquesa de Lugo entre as 16:00 e as 20:00 horas, contará coa participación dun bo número de ciclistas das diferentes categorías: Escola (principiantes-alevíns-infantís), Cadetes e Juniors.
Entre os participantes haberá deportistas de clubes procedentes de toda Galicia, Asturias, Castela-León e Zamora.
Os participantes deberán realizar as seguintes probas segundo a súa categoría:
Escolas
- Principiantes, Ginkanas
- Alevíns ( 3 voltas (3 km) )
- Infantís ( 12 voltas ( 12 km) )
Cadetes
- 20 voltas ( 40 km )
Junior
- 28 voltas ( 56 km )