Tanto o sábado 9 de maio como o domingo 10 de maio haberá tamén exhibicións de baile na Caixa Negra do MIHL dende as 12 horas
Basadre, acompañada polo fotógrafo Alfredo Bongianni e por Berta Figueras, da Escola de Baile Star Dance, presentaron a exposición MIHL Fotos de Danza que se inaugura o sábado 9 no Museo Interactivo da Historia de Lugo.
Carmen Basadre destacou que “son imaxes espectaculares que recollen o significado do baile para estes nenos e nenas e que poderán ser visitadas ata o 30 de xuño”. Esta actividade que naceu en outono de 2014 co obxectivo de fotografar o mundo da danza e os seus protagonistas, os bailaríns, a partir de 25 imaxes de gran formato e interpretando diferentes estilos musicais.
O proxecto articúlase en dúas partes: fotos grupais, que transmiten a unión e a complicidade, e fotos individuais, nas que cada un expresa o seu lado máis artístico. As imaxes individuais de 204 nenos e nenas forman parte dun audiovisual que se proxectará o sábado 9 e o domingo 10 de maio e forma ininterrompida no MIHL, tal e como explicou Alfredo Bongianni.
Pola súa banda, Berta Figueras, explicou que o sábado 9 e o domingo 10 de maio haberá diferentes actividades relacionadas con esta exposición dende as 12 horas e ata as 17.30 horas. Así a cidadanía que se achegue ao MIHL poderán gozar de exhibicións de ballet, danzas urbanas, baile deportivos ou iniciación ao movemento na Caixa Negra do MIHL.
+ Info
- Cartel da exposición MIHL Fotos de Danza | Descargar pdf
- Programa de actividades (9 e 10 de maio) | Descargar pdf
- Carmen Basandre na presentación da exposición | Descargar mp3