Xuventude organiza este venres a III quedada sen móbiles que incluirá unha ruta polo Camiño Primitivo, un pícnic e unha actuación sorpresa

A iniciativa posta en marcha polo executivo de Lara Méndez está incluída no programa +Xti 2023, que subvenciona o Plan Nacional sobre Drogas.

“Nesta ocasión celebrarase co obxectivo de ‘desintoxicar’ do dixital e demostrar que non necesariamente se necesita internet para divertirse”, explicou a rexedora.

Así mesmo, a Praza Maior acollerá durante os días 11 e 12 de xullo, de 17:30 a 21:30 horas, unha xornada de sensibilización, dirixida á mocidade, sobre drogas e condución.

Mércores, 28 de xuño de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Xuventude organiza este venres a III quedada sen móbiles que incluirá unha ruta polo Camiño Primitivo, un pícnic e unha actuación sorpresa

A concellería de Xuventude, que dirixe o edil Jorge Bustos, organiza este venres, 30 de xuño, de 18:00 a 20:30 horas, a III quedada sen móbiles que incluirá unha ruta polo Camiño Primitivo, co guía local Guido, un pícnic saudable, unha actuación sorpresa e agasallos para os asistentes. A inscrición para esta actividade é gratuíta e continúa aberta na web www.lugomasxti.org O aforo total será de 35 participantes.

A iniciativa posta en marcha polo executivo de Lara Méndez está incluída no programa +Xti 2023, que subvenciona o Plan Nacional sobre Drogas adscrito á concellería de Xuventude. “Nesta ocasión celebrarase co obxectivo de ‘desintoxicar’ do dixital e demostrar que non necesariamente se necesita internet para divertirse”, explicou Bustos.

A actividade está pensada para fomentar un uso responsable dos dispositivos tecnolóxicos con pantalla que tanta atención concitan entre os mozos e mozas. “Vivimos na era das pantallas que forman parte da nosa vida cotiá; con todo, podemos caer nun uso inadecuado e excesivo, por iso, con esta actividade dende a área de Xuventude buscase concienciar aos mozos e mozas da necesidade de utilizar adecuadamente estes dispositivos”, indicou o concelleiro.

Xornada de sensibilización sobre as drogas e a condución

Por outra banda, a Praza Maior acollerá durante os días 11 e 12 de xullo, de 17:30 a 21:30 horas, unha xornada de sensibilización, dirixida á mocidade, sobre drogas e condución. Será aberta, sen necesidade de inscrición previa. O obxectivo desta actividade -explicou a rexedora-, que contará con automóbiles sinistrados para chamar á atención das persoas que se acheguen pola zona, consiste en concienciar aos mozos e mozas sobre o perigo que entrañan as condutas de risco ao guiar un coche, tales como conducir sen cinto de seguridade ou baixo os efectos do alcol ou outras drogas.

Está dirixida á poboación de 14 a 35 anos, será gratuíta e na mesma haberá un pequeno circuíto, lentes simuladoras dos efectos do alcol, test, información, materiais de prevención e premios para todos os participantes. Ademais, está previsto teña lugar unha actuación musical o día 11 ás 20:00h a cargo de CEDECÉ, Rober Carcos e Oscar Limón.

No 49,4% das mortes de conductores en accidente de tráfico en 2021 detectouse presenza de alcol, drogas ou psicofármacos. “O alcol é un dos factores de risco máis frecuentemente implicados nos accidentes de tráfico, presente entre o 30% e 50% dos accidentes mortais, de aí a necesidade de concienciar sobre o perigo de conducir baixo os seus efectos”, concluíu o edil.

Noticias relacionadas