Axenda

Do 30 de outubro ao 5 de novembro de 2026

Boletín de información cultural emitido o 29 de outubro de 2026

Programación de outubro a decembro de espectáculos de teatro, maxia e danza

Actualidade

Luns, 02 de novembro de 2026
Elena Candia recibe no Concello a Óscar Rodríguez de Vivero, campión do Mundo de Oratoria en Español

A alcaldesa interesouse pola traxectoria deste mozo lucense e polo traballo que desenvolve desde a Asociación Más Debate, con sede en Lugo, para achegar a oratoria e o pensamento crítico ás novas xeracións e desexoulle sorte para o campionato de España que se celebrará esta semana en Oviedo

Luns, 02 de novembro de 2026
Elena Candia recibe os fillos de Armando Durán, científico lucense e académico da Real Academia de Ciencias, no 25 aniversario do seu falecemento

A familia participou tamén na ofrenda floral do Día dos Defuntos no cemiterio de San Froilán, nunha homenaxe que permitiu lembrar a figura dun home sinxelo e próximo, "un científico e académico ao servizo do ben común"

Luns, 02 de novembro de 2026
O concello encarga a EVISLUSA o proxecto para rehabilitar o centro social do Castiñeiro e licita a obra dunha solución definitiva para o leiraparking do HULA

Tamén se concedeu unha licenza para construír 16 vivendas na contorna da praza do Agro do Rolo, se avanza na creación do Consello dos maiores así como a aprobación da plantilla que inclúe os postosdos músicos da banda e a Escola Municipal de Música

Luns, 02 de novembro de 2026
O Concello licita as obras de tres aparcadoiros en Fontiñas con 103 prazas e abre un proceso para adquirir terreos para outro cuarto estacionamento público na contorna desta avenida

As obras destas dotacións na rúa Primavera, avenida Vila Verde e Ronda Xosé Castiñeira contan cun investimento de 273.578,56 euros e cun prazo de execución de seis meses. En paralelo, as persoas propietarias de parcelas na contorna da Rolda das Fontiñas poderán ofrecer os seus terreos ao Concello para a súa posible adquisición e posterior acondicionamento como aparcadoiro disuasorio

Mércores, 28 de outubro de 2026
O Concello de Lugo apoia o deporte como ferramenta de inclusión e convivencia nun encontro do CB Ensino con Auxilia Lugo

A través da Concellería de Deportes, o Concello acompaña iniciativas que favorecen a participación social e promoven valores como a igualdade, o respecto e a inclusión.

Martes, 27 de outubro de 2026
O Concello de Lugo colabora co Festival de Jazz coa actuación gratuíta de Abe Rábade no Auditorio Fuxan os Ventos

O pianista e compositor galego presentará «Nova Botánica» o domingo 8 de novembro, ás 19:30 horas, nun concerto organizado pola Concellería de Cultura dentro da 36ª edición do festival.