A Asesoría Xurídica do Concello de Lugo ten como función o desenvolvemento das seguintes tarefas:
- Representación e defensa do Concello ante toda clase de tribunais nas súas diferentes instancias e xurisdiccións no territorio nacional, mesmo ante o Tribunal Supremo e o Tribunal Constitucional.
- Asesoramento da Corporación e emisión de todos os informes verbais e escritos que se soliciten pola Alcaldía ou as Comisións.
- Asistencia ás Comisións cando así o solicite o Presidente das mesmas.
- Asesoramento xurídico a todos os Servicios Municipais: Expedientes, Reclamacións, Indemnizacións por danos (particulares ou polo Concello)
- Rexistro de parellas de feito.
- Certificación das vodas civís.
- Substitución de Funcionarios de Habilitación Nacional (F.H.N).
Normativa pola que se rexe este Servizo e as funcións que desenvolve:
- Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común [ pdf (en castelán) ]
- RD 208/1996, do 9 de febreiro, polo que se regulan os servicios de información administrativa e atención ó cidadá [ pdf (en castelán) ]
- Decreto da Alcaldía de data 20 outubro de 1999 polo que se crea o Rexistro de Parellas de Feito.