O Concello de Lugo foi galardoado esta mañá na octava edición da entrega de premios Pajaritas Azules pola excelencia da súa xestión na recollida selectiva para a reciclaxe de papel e cartón.
A alcaldesa Paula Alvarellos recibiu esta mañá a visita do presidente do Colexio Oficial de Médicos de Lugo, Eduardo Iglesias García, co que mantivo un breve encontro de traballo.
O centro municipal de información europea Europe Direct Lugo organiza este xoves no auditorio do Vello Cárcere unha xornada sobre desinformación e fake news, coa participación do politólogo e investigador Pablo Simón, analista habitual en medios de comunicación
A Policía Local de Lugo levará a cabo este martes un dispositivo especial de vixilancia no mercadiño de Frigsa coincidindo coa entrada en vigor dos cambios decretados pola área de Participación Cidadá sobre a distribución dos diferentes postos que o integran.
Catro expertos galegos e de ámbito nacional expoñerán distintos contidos relacionados coa prevención das adiccións sen substancia desde diferentes perspectivas na 5ª edición do ciclo de xornadas ‘Adiccións sen substancia’, organizado polo Executivo de Paula Alvarellos no marco do Plan Municipal d
A concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza, Cristina López, presentou hoxe o novo sistema de cita previa que se poñerá en marcha nos vindeiros días no Cemiterio Municipal.
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, acompañada do edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, visitou o viveiro municipal da Tinería para coñecer de primeira man os seis novos negocios que ocuparán outros tantos locais comerciais neste barrio do Centro Histórico.
A concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza, Cristina López, anunciou a ampliación dos horarios de enterramentos no Cemiterio Municipal.
O Executivo de Paula Alvarellos vén de incorporar seis novos proxectos empresariais ao CEI-Nodus municipal.