Os traballos de peonalización de Santo Domingo entran nunha nova fase na que se completará a renovación do pavimento na zona suroeste da praza, no espazo comprendido entre a rúa Armañá e a rúa da Raíña.
O Persoal da Brigada Municipal de Vías e Obras reparou esta mañá os bolardos da rúa Serra de Outes, que foron retirados de forma vandálica da vía pública. O autor dos feitos xa foi identificado na tarde de onte.
O Concello de Lugo informa de que, para levar a cabo obras de renovación de vía do tramo Monforte de Lemos-Lugo, Adif ten previsto iniciar algunhas actuacións nas próximas semanas na estación de Lugo que, nas primeiras fases, supoñerá a renovación dos desvíos das cabeceiras de lado Lugo Mercadorí
Medio centenar de estudantes lucenses participaron este xoves na xornada sobre desinformación, participación política e eleccións europeas, organizada polo centro municipal de información Europe Direct Lugo no auditorio do Vello Cárcere, coa participación
O concelleiro de Transición Ecolóxica, Miguel Fernández, denunciou este xoves a vandalización de seis árbores no entorno do parque Rosalía de Castro e unha na rúa Bispo Aguirre.
O Concello de Lugo levará a cabo este xoves unha mellora do firme nas rúas Nova e San Marcos. O obxectivo desta intervención é garantir a seguridade do tránsito tanto dos vehículos como das e dos peóns.
O Executivo de Paula Alvarellos, a través da Concellería de Xuventude e Deportes que dirixe Jorge Bustos, ven de optimizar o funcionamento das piscinas de Frigase e As Pedreiras con varias intervencións de carácter técnico nos sistemas hidráulicos e eléctricos destes complexos.
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que o MIHL acollerá 6 novas actividades de animación á lectura organizadas pola área de Cultura e dirixidas ás nenas e nenos de Lugo.
A cuarta proba do XXII Circuito Larsa Corre con Nós 2024 reunirá este domingo a máis de 600 atletas de todas as idades nun circuíto de asfalto, con saída e chegada desde o aparcadoiro inferior do estadio Anxo Carro, discurrindo as probas polo entorno da Es