COMUNICADO DE PRENSA DE POLICÍA LOCAL DE LUGO

Martes, 15 de xuño de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
COMUNICADO DE PRENSA DE POLICÍA LOCAL DE LUGO

Controis de alcoholemia

Na madrugada do martes 15 de xuño, por efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, apoiados por un equipo de Atestados do Corpo, establecéronse diferentes controis de alcoholemia en vías do centro urbano, detectándose TRES condutores que superaron a taxa máxima permitida nun dos controis disposto na Rolda da Muralla.

Entre as 2:15 e as 2:30 horas tres condutores resultaron POSITIVOS nas probas de detección alcohólica ás que foron sometidos na devandita vía. O primeiro cunha taxa de 0,54 mg/l, o que supón unha multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución e o segundo e o terceiro condutor cunha taxa de 0,41 mg/l, o que supón unha multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución para cada un dos condutores.

Os condutores detectados en tan curto espazo de tempo son dous homes de 45 e 27 anos e unha muller de 36 anos e os seus vehículos foron inmobilizados.

Control normas COVID

Na tarde do día de onte, 14 de xuño, estableceuse un dispositivo especial para o control do cumprimento da normativa da Xunta de Galicia sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID 19, levantándose TRECE actas de denuncia por infraccións á Lei de Saúde de Galicia.

ONCE actas cursáronse por non facer uso da máscara e DÚAS por fumar en espazos públicos sen gardar a distancia de seguridade interpersoal.

Pola infracción de non facer uso da máscara proponse sanción de 100 euros e pola de fumar sen manter a distancia de seguridade interpersoal 500 euros.

Noticias relacionadas