Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Venres, 27 de outubro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Axuda humanitaria

Efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo interviñeron en TRES auxilios a cidadáns.

O primeiro prodúcese nun edificio da rúa Ourense, onde os axentes acoden para auxiliar a unha muller de avanzada idade que se caeu no interior do seu domicilio, requirindo a presenza dunha dotación de Bombeiros, accedendo ao interior en compañía dunha dotación do 061, procedendo a incorporar a esta persoa, rexeitando ser trasladada a un centro médico, quedando na vivenda en compañía duns veciños.

A segunda intervención tivo lugar nunha gasolineira da cidade, onde a patrulla observou que un home, en estado de embriaguez e cun can, apenas podía manter a verticalidade, sendo asistido por unha dotación do 061 e trasladado ao HULA para a súa valoración médica, recollendo os axentes o animal para ser posteriormente entregado ao servizo de lacería do Concello.

O terceiro suceso prodúcese nunha vivenda da rúa Yañez Rebolo,onde os axentes se trasladan xa que ao parecer unha persoa caeuse no interior do piso e non podía abrir a porta de entrada. Os axentes comunícanse con esta persoa a través da porta e maniféstalles que se atopa soa, que se caeu e non podía moverse, accedendo os axentes ao interior pola galería, atopando a unha muller tirada no corredor, sendo auxiliada polos policías, que requiren a presenza dunha dotación do 061, sendo trasladada ao HULA para a súa atención médica, facéndose cargo un familiar.
 
Condución temeraria

Na madrugada do día 27 unha patrulla camuflada do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta a condución temeraria dun vehículo pola rúa Paseo dos Estudantes, sendo perseguido por diferentes rúas, ata que é interceptado, abríndose CATRO expedientes sancionadores ao condutor por condución temeraria (sanción de 500 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución); non respectar ordes e indicacións dos axentes (sanción de 200 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución); non respectar a luz vermella dun semáforo (sanción de 200 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución) e non deterse no lugar prescrito por un sinal de STOP (sanción de 200 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución).

Así mesmo nun filtro establecido durante a madrugada detectáronse 5 vehículos que os seus titulares non os presentaran a ITV no prazo debido e 2 vehículos que circulaban carecendo de SOA.

Noticias relacionadas