O Concello de Lugo executará mañá unha mellora do firme na Rúa Nova e San Marcos

Esta intervención, de carácter provisional, contempla o nivelado da capa de rodadura con formigón rápido que será cuberto con planchas de ferro durante 48 horas para garantir o seu correcto fraguado.

A Policía local regulará o tráfico en ambas localizacións e os accesos aos garaxes e aparcadoiros públicos estará garantido en todo momento.

A execución destes traballos está prevista entre as 21 e as 01.00 horas aproveintando a redución do tráfico nesta franxa horaria co obxectivo de causar as menores molestas posibles tanto ao conxunto da cidadanía como aos sectores hostaleiro e comercial.

Mércores, 24 de abril de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo executará mañá unha mellora do firme na Rúa Nova e San Marcos

O Concello de Lugo levará a cabo este xoves unha mellora do firme nas rúas Nova e San Marcos. O obxectivo desta intervención é garantir a seguridade do tránsito tanto dos vehículos como das e dos peóns. Os traballos consisten no arranxo dos danos existentes no pavimento e na sinalización dunha zona acotada ás persoas viandantes. A planificación dos arranxos contempla o nivelado da capa de rodadura con fomigón rápido que será cuberto con planchas de ferro durante un periodo 48 horas para garantir o seu correcto fraguado. Esta intervención ten un carácter provisonal, xa que a medida que avance o proxecto Corazón Verde, unha vez eliminado o tráfico que agora asumen estas vías, colocaranse losetas de nova factura que substitúan ás afectadas.  

A mellora, que implica o corte temporal do tráfico en ambas rúas, está planificada para que se execute entre as 21.00 e as 01.00 horas, aproveintando así a redución do tráfico nesta franxa horaria e co obxectivo de causar as menores molestas posibles, tanto ao conxunto da cidadanía como aos sectores hostaleiro e comercial. En primerio lugar executaranse as reparacións en Rúa Nova e, unha vez finalizada esta intervención, realizarase o arranxo  do pavimento en San Marcos.

Mentres se executen os labores na Rúa Nova, o acceso ao Centro Histórico realizarase por Montevideo e o tráfico de saída discurrirá por Bolaño Rivadeneira, San Marcos, Santo Domingo para abandonar finalmente a zona centro a través da rúa do Teatro, que funcionará durante este tempo só como saída. Unha vez comenzados os labores en San Marcos, o itinerario de acceso ao Centro Histórico contará con acceso desde a rúa Teatro hacia Santo Domingo e desde Montevideo hacía Rúa Nova. Ademáis, durante esta fase da intervención e para garantír o acceso aos garaxes, a rúa Bolaño de Rivadeneira será habilitada como vía de dobre sentido para dar saída e entrada aos garaxes destas rúas así como ao aparcadoiro da Praza de Ferrol.

A Policía local movilizará varios operativos para regular o tráfico en ambas localizacións. En total estarán dedicados a este labor catro axentes en exclusiva. Así mesmo, esta intervención municipal completarase coa sinalización horizontal dunha zona para tránsito exclusivo de peóns de máis de dous metros de ancho en ambas rúas. O Concello recorda que, durante a execución do proxecto Corazón Verde e mentres convivan o transito peonil co tráfico rodado, é necesario que os e as traseuntes utilicen estas zonas acotadas para garantir a seguridade viaria.  

Así mesmo, dende o Goberno local lémbrase que o acceso ao Centro Histórico está restrinxido ao estritamente necesario segundo o establecido, comunicado e sinalizado, con respecto á carga e descarga, residentes e traballadores/as, xunto coa utilización dos aparcadoiros soterrados, tratando de conciliar todos os usos como pode ser o traslado de mercadorías ou a entrada e saída ás vivendas e establecementos e en consonancia xa coa futura implantación da Zona de Baixas Emisións.

Noticias relacionadas