O Concello denuncia a vandalización de sete árbores no Parque Rosalía e a rúa Bispo Aguirre e pide respecto aos espazos públicos

O edil de Transición Ecolóxica condenou estes actos sucedidos na madrugada e pediu civismo á veciñanza e colaboración “para detectar e evitar actos vandálicos”.

O servizo de Medio Ambiente levará a cabo traballos para tentar salvar os examplares do parque Rosalía e nos vindeiros días repoñerá a árbore danada en Bispo Aguirre.

Xoves, 25 de abril de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello denuncia a vandalización de sete árbores no Parque Rosalía e a rúa Bispo Aguirre e pide respecto aos espazos públicos

O concelleiro de Transición Ecolóxica, Miguel Fernández, denunciou este xoves a vandalización de seis árbores no entorno do parque Rosalía de Castro e unha na rúa Bispo Aguirre. Fernández condenou estes actos sucedidos durante a madrugada e pediu á cidadanía respecto aos espazos públicos e civismo pois “o custo do vandalismo pagámolo entre todos, Lugo é a nosa cidade e debemos contribuír a coidar dela e non a estragala”, apuntou.

Cinco das árbores danadas atópanse nas costas do parque e unha na parte superior. O servizo de Medio Ambiente levará a cabo traballos para tentar salvar estes exemplares de gran valor. “Entre as medidas que se van a implementar de maneira inmeidata é a aplicación de cicatrizante para evitar que este ataque conleve a morte destas árbores", sinalou o edil de Transición Ecolóxica Miguel Fernández, quen explicou que “a árbore vandalizada na rúa Bispo Aguirre, que foi cortada pola metade, será reposta nos vindeiros días”.

O responsable de Transición Ecolóxica insistiu en apelar “á concienciación cidadá para evitar que no futuro se repitan situacións desta índole” e pediu colaboración “para detectar e evitar actos vandálicos”.

Multimedia

  • O Concello denuncia a vandalización de sete árbores no Parque Rosalía e a rúa Bispo Aguirre e pide respecto aos espazos públicos

Noticias relacionadas