O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presidiu a xuntanza do Consello Económico e Social onde a Delegada de Urbanismo, María Novo, presentou as grandes cifras e os aspectos máis relevantes do Plan Xeral de Ordenación Municipal que está pendente da aprobación provisional en Pleno.
María Novo explicou a importancia deste documento urbanístico que plantexa un modelo do Lugo do futuro.
O Plan Xeral pretende deseñar un modelo territorial e urbano que, respectando os valores medioambientais do territorio, sexa capaz de satisfacer as necesidades e expectativas dos seus habitantes, dende o respecto aos valores e aos modelos de asentamento tradicionais.
O Plan recolle catro liñas de actuación estratéxicas:
1.- mellora das infraestruturas
2.- modelos que prioricen a calidade dos espazos públicos e o reparto equilibrado de dotacións, zonas verdes, equipamentos e vivendas de protección en todas as zonas da cidade
3.- desenvolvemento do tecido produtivo
4.- mellora da proxección exterior do municipio, potenciando os seus valores históricos, culturais e naturais.
Mellora das infraestruturas
potencia a función de Lugo como cruce de camiños do noroeste
completa e conecta as rondas da cidade con autovía de gran capacidade
nova ponte
novos viais, accesos e conexións
Potenciación da cidade
rexenera os barrios consolidados
completa o tecido urbano existente, reequipando a cidade
integra as estruturas rurais preexistentes
completa espazos libres e zonas verdes no tecido urbano
integra o río na cidade
distribúe os equipamentos
xera unha importante oferta de solo para vivenda protexida
fomenta a rehabilitación
Tecido produtivo
reforza os enclaves existentes, recualificándoos e incorporando dotacións
dá accesibilidade inmediata a redes principais de transportes, á cidade e a outros municipios
conexión ao transporte ferroviario
novo tecido industrial
racionalización do mercado, co incremento da oferta de solo industrial
Potenciación dos valores do contorno rural do municipio
diríxese á implantación de novas construcións vinculándoas aos núcleos existentes, que se reforzan e potencian
mantemento tipolóxico dos valores arquitectónicos tradicionais
crea unha estrutura interna nos núcleos, potenciando os espazos dotacionais, os servizos e a accesibidade
promove as relacións funcionais entre os núcleos máis próximos e coa propia cidade
Solo industrial e actividades económicas
Aposta por reforzar as estruturas industriais existentes, xunto cos novos espazos industriais, que dan resposta ás demandas directas do municipio, potenciando a súa posición de referencia
Remate norte da cidade e contorno do Ceao
Asúmense:
- polígono de O Ceao e a súa ampliación (Pol. IN-F)
- o urbanizable delimitado IN-G 2
- polígono industrial das Gándaras
O Plan consolida os enclaves da Avenida da Coruña
Prevé un uso industrial, delimitando seis sectores de solo a través de Duquesa de Lugo e Avenida da Coruña
Enclaves dispersos
Son ubicacións no territorio que aglutinan certo número de industrias e almacéns e que se remiten a planeamento de desenvolvemento
Supoñen en total 1.156.726 m. xerando 22.206 m. de equipamentos e 111.091 m. de espazos libres
*Muxa, Mazoi, Areeiras, Coeses-Cuíña, Pena, Louzaneta, Alto
Universidade
A aposta do Plan (e da cidade) pola Universidade é clara:
reforzando as dotacións do Campus
prevendo o seu crecemento prolongándose hacia os terreos vacantes que rodean o núcleo rural de San Fiz, cunha superficie de 58.322 m.
O Plan en cifras
SOLO RESIDENCIAL: 11.636.352 m2
SOLO INDUSTRIAL/ ACTIVIDADES: 6.875.775 m2
EQUIPAMENTOS: 15,61 m2 / m2 residenciais
SISTEMAS XERAIS DE ESPAZOS LIBRES: 18,89 m2 /m2 residenciais
VIVENDAS DE PROTECCIÓN:40,14%