Descarga gratuitamente a versión dixital desta nova publicación
Actualidade

Ante a Subdelegación de Goberno gardouse un minuto de silencio en sinal de repulsa polo crime de Dolores, de 58, en Miranda de Ebro. A súa ex parella provocou o incendio do edificio da vítima, o que tamén provocou a morte da súa nai e dunha veciña.

Dende o Executivo municipal lamentan que un traballo de tanta relevancia para o ben máis identitario de Lugo non fose trasladado en ningún momento do proceso ao Concello nin a nivel institucional nin técnico.
“O noso centro histórico e a Muralla forman unha realidade patrimonial inseparable. Se queremos protexer, dinamizar e poñer en valor este conxunto único, precisamos instrumentos de coordinación que permitan planificar actuacións conxuntas e aproveitar ao máximo as oportunidades que ofrece este patrimonio”, sinalou a voceira municipal.
Abelleira engadiu ademais que esta circunstancia pon de manifesto a necesidade de avanzar en fórmulas estables de colaboración entre administracións, como o Consorcio para o centro histórico que impulsa o alcalde, Miguel Fernández.


Maite Ferreiro: “Queremos ofertar unha alternativa para a conciliación na que as nenas e nenos se acheguen a outras linguas de maneira lúdica”.
As actividades desenvolveranse os días 30 e 31 de marzo e 1 de abril, entre as 09:30 e as 13:30, e estarán destinadas a nenas e nenos empadroados no Concello de Lugo nados entre 2016 e 2022.

Lugo acollerá o próximo mes de xullo esta cita deportiva de primeiro nivel que reunirá na cidade xogadores e xogadoras de diferentes países e que contribuirá a situar Lugo no mapa internacional do xadrez.
Maite Ferreiro: “Esta iniciativa combina perfectamente deporte, cultura e promoción turística, convertendo o xadrez nunha ferramenta para abrir a cidade ao exterior”.


Miguel Fernández visitou unha mesa informativa de Alcer Lugo e puxo en valor o seu labor para promover hábitos de vida saudables cara á prevención de patoloxías.

A recollida de envases lixeiros medrou un 4,14%, o papel e cartón un 5,01% e o vidro un 3,32%, consolidando a tendencia positiva na separación de residuos na cidade.
Desde o ano 2022, coincidindo coa implantación do actual modelo de xestión, Lugo incrementou nun 34,95% a reciclaxe de envases lixeiros e nun 95,60% a de papel e cartón.
O Concello ampliará a recollida de materia orgánica cunha segunda fase que incorporará preto de 180 contedores marróns na zona norte de Lugo.
Miguel Fernández salientou que “a redución da fracción resto por habitante confirma que a veciñanza está a mellorar as dinámicas de separación dos residuos e que Lugo continúa avanzando cara a un modelo máis sostible”.

Miguel Fernández felicita á catedrática de Estadística e a todo o seu equipo e ofrece a colaboración decidida do Concello para contribuír á mellora da excelencia do Campus, ao tempo que agradece a súa vontade para impulsar a institución universitaria lucense.

A mostra comisariada por Luz Darriba poderá visitarse nas celas de mulleres da segunda planta ata o vindeiro 30 de abril.
A concelleira de Cultura subliñou que propostas como esta “amosan o compromiso da creación artística coa sociedade e coa defensa dos dereitos humanos”.




























