Área de Mobilidade e Infraestruturas

Actualidade

As obras de Santo Domingo entran nunha nova fase na que se completará a renovación do pavimento na zona suroeste da praza
Sábado, 27 de abril de 2024

Deste xeito, e co obxectivo de que poidan continuar os distintos usos desta concorrida zona, a circulación desviarase por un carril provisional paralelo á fachada do Convento de San Domingo en dirección a San Marcos.

O tránsito peonil discurriá paralelo a este carril de circulación. A zona para peóns será delimitada cunha liña amarela na calzada co obxectivo de garantir a seguridade viaria dos traseuntes e axilizar o tránsito vehicular.

A saída de vehículos do recinto histórico realizarase, como o vén facendo desde inicio das obras, por Rúa San Marcos, Rúa Bolaño Rivadeneira e Rúa Nova.

Os traballos de Adif na estación ferroviaria afectarán temporalmente a un tramo da rúa Río Mosa e a unha parcela de Montero Ríos
Venres, 26 de abril de 2024

Estes traballos implicarán a ocupación dalgunhas prazas de aparcamento existentes, ao redor dunhas 20, o que supón algo menos do 40% das existentes nesa parcela.

Ademais será necesario cortar un tramo duns 30 metros da rúa Río Mosa que discorre pegado á vía, ainda que os accesos as fincas desta zona queda garantido desde Camiño da Chanca, Montero Ríos e San Eufrasio.

En previsión da diminución temporal de aparcadoiro na contorna da estación ferroviaria por mor do proxecto de edificación da nova intermodal, o Goberno local habilitará novos estacionamientos na zona.