Deporte no Concello

Servizos que prestamos

  • Informamos ás cidadás e cidadáns sobre os servizos que prestamos e as instalacións deportivas municipais dispoñibles.
  • Xestionamos as inscricións nas Escolas Deportivas Municipais, contando coas seguintes disciplinas: baloncesto, ciclismo, boxeo, loita, béisbol, tiro con arco, hóckey, patinaxe, tenis, tenis de mesa, tríatlon, ximnasia de mantemento, ximnasia rítmica, deportes para maiores, natación, Tiro con Arco, Piragüismo
  • Tramitamos as baixas nas Escolas Deportivas Municipais.
  • Asesoramos ás persoas interesadas sobre a incorporación a calquera outra modalidade deportiva.
  • Asinamos convenios cos ximnasios da cidade para a actividade física en idade adulta.
  • Tramitamos as inscricións en cursos de natación.
  • Emitimos abonos para piscinas municipais.
  • Tramitamos as reservas de instalacións deportivas municipais.
  • Xestionamos os horarios para adestramentos e competicións en instalacións deportivas.
  • Levamos a cabo o mantemento das instalacións deportivas municipais e das instalacións deportivas dos Colexios de Educación Infantil e Primaria (CEIP) do Concello.
  • Organizamos eventos deportivos, xestionamos as inscricións e difundimos a información a través da web municipal.
  • Tramitamos subvencións a entidades deportivas sen ánimo de lucro para o desenvolvemento das actividades propias das mesmas.
  • Tramitamos subvencións a entidades deportivas sen ánimo de lucro para a organización de eventos deportivos.
  • Tramitamos subvencións a deportistas con talento deportivo.

Os nosos compromisos

  • Ofrecer información á cidadanía de maneira eficiente e correcta, no momento en que se solicita. No caso de non ser posible, tomaremos o seu teléfono e porémonos en contacto coa persoa interesada no prazo de 1 día.
  • Realizar a inscrición nas Escolas Deportivas Municipais no momento.
  • Realizar a baixa nas Escolas Deportivas Municipais no momento.
  • Realizar controis diariamente nas piscinas e expoñer os resultados das analíticas ó público.
  • Ofertar un mínimo de 20 actividades anuais nas Escolas Deportivas Municipais.
  • Publicitar a programación e eventos deportivos con 15 días de antelación, no seguintes medios: prensa escrita e radiofónica, páxina web municipal, cartelería específica dos eventos e soportes publicitarios das instalacións deportivas municipais.
  • Enviar a programación deportiva a todos os centros educativos.
  • Realizar polo menos 1 actuación de mantemento mensual nas instalacións deportivas.
  • Realizar polo menos 7 limpezas semanais nas instalacións deportivas.

Seguimento dos compromisos

  • Número de solicitudes de información atendidas no momento e porcentaxe sobre o total.
  • Número de inscricións nas Escolas Deportivas Municipais realizadas no momento e porcentaxe sobre as solicitadas.
  • Número de baixas nas Escolas Deportivas Municipais realizadas no momento e porcentaxe sobre as solicitadas.
  • Número de analíticas realizadas diariamente en cada piscina.
  • Número de actividades ofertadas anualmente nas Escolas Deportivas.
  • Número de programacións e eventos deportivos publicitados antes de 15 días e porcentaxe sobre o total.
  • Número de programas deportivos enviados ós centros educativos e porcentaxe sobre o total.
  • Número de actuacións de mantemento realizadas mensualmente nas instalacións deportivas.
  • Número de limpezas realizadas semanalmente nas instalacións deportiva