O Executivo de Paula Alvarellos, a través da Área de Cohesión Territorial que dirixe Ana González Abelleira, inicia a campaña contra a proliferación da avespa velutina co reparto ou colocación de artefactos de trampeo profesional entre a poboación que así o demande.
A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, visitou Orbazai, onde rematou unha das actividades organizadas pola Tenencia de Alcaldía para as asociacións veciñais do rural no ano 2024.
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, e a responsable de Cohesión Territorial, Ana González Abelleira, mantiveron un encontro cos pedáneos e pedáneas do municipio para tratar diversos temas de interese para as zonas rurais do concello.
O Tenente de Alcaldesa, Rubén Arroxo, e o concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, recibiron a un grupo de estudantes do Colexio Franciscanos de Lugo.
O Tenente de Alcaldesa do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, xunto coa concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentaron a oitava edición do festival FaCeLa Fest, o festival de música independente que conta coa colaboración da Tenencia de Alcaldía do Concello de Lugo
O concelleiro de Transición Ecolóxica, Miguel Fernández, denunciou este venres a vandalización dun magnolio recentemente plantado no entorno da Praza do Ferrol, no marco das obras de peonalización e renaturalización deste espazo do Centro Histórico.
O Executivo de Paula Alvarellos, a través da área de Transición Ecolóxica que dirixe Miguel Fernández, pon ao dispor da hostalería lucense un servizo baixo demanda e gratuíto para a recollida de material nas terrazas provisionais.
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, acompañada do edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, visitou o viveiro municipal da Tinería para coñecer de primeira man os seis novos negocios que ocuparán outros tantos locais comerciais neste barrio do Centro Histórico.
O Executivo de Paula Alvarellos adxudicará na Xunta de Goberno Local que se celebra mañá o servizo de Xantar no Fogar á empresa Jardanay.
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, acompañada de membros da corporación municipal, participou este martes nos actos con motivo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, que este ano ten como lema “Autismo preto de ti”.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »