Área de Cultura, Turismo, e Promoción da Lingua

Actualidade

Cristina López asiste en Gundivós á xornada de Olería 'Conciencia dunha tradición'
Domingo, 12 de maio de 2024

A xornada organízase dentro da exposición de pezas que se pode visitar no Vello Cárcere ata o 17 de maio.

Lugo celebra o centenario de Ulises xunto con outras 18 cidades europeas entre as que se atopan París, Berlín ou Estambul, e outras
Venres, 10 de maio de 2024

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro presentaron a programación do último ano desta celebración xunto con Branca Novoneyra.

"Imos poñer a Lugo no mapa europeo e damos este paso xunto a 17 urbes, entre elas as grandes capitais estatais e culturais do continente, colaborando coa rede europea ULYSSES EUROPEAN ODDISEY" afirmou Ferreiro.

Xuventude promove un obradoiro de vestimenta e complementos e un torneo de xogos romanos de taboleiro como previa ao Arde Lvcvs 2024
Mércores, 08 de maio de 2024

O taller textil, gratuíto e con entrada libre, terá lugar os días 11 e 25 de maio e 1 e 8 de xuño na Casa da Xuventude en horario de 10:30 a 13:30 horas e de 16:30 a 19:30 horas.

Os participantes poderán elaborar, reutilizando materiais, os seus traxes romanos ou castrexos, facerlles complementos, bordados ou aprender a realizar tintado de teas.

Por outra banda, este sábado terá lugar a 9ª edición dos xogos romanos de taboleiro, unha actividade na que participarán 60 alumnos de 11 centros educativos da cidade.

“A través destas actividades buscamos avivar a chama do Arde Lvcvs, que en cuestión de semanas volverá a arder para rememorar as orixes da nosa cidade”, explicou Bustos.