Concerto de Sumrrá dentro do XXIII Festival de Jazz de Lugo
20:00h
Entrada gratuíta ata esgotar localidades
Manuel Gutiérrez, Xacobe Martínez Antelo e LAR Legido son Sumrrá, o trío de jazz galego máis internacional e cunha das traxectorias máis constantes e sólidas.
Sumrrá fórmase no ano 2000, e nestes 12 anos deixou atrás centos de concertos, 4 discos e varias xiras internacionais que levaron a banda por Festivais de Bolivia, Bulgaria e Sudáfrica.
A crítica especializada desfíxose en eloxios ante un trío de Jazz inclasificable, salientando a orixinalidade das súas composicións, o virtuosismo dos seus integrantes e a contaxiosa frescura dos seus directos.
Sumrrá non entende de modas, de etiquetas, nin de estilos. Sumrrá formouse hai 12 anos para tocar en liberdade, e niso segue. Inventándose en cada concerto e sorprendéndose dos resultados.
- Xacobe Martínez: contrabaixo
- Manuel Gutiérrez: piano
- LAR Legido: batería