San Froilán 2015

Festas de Interese Turístico Galego e Nacional

Lugo cidade

O cinco de outubro San Froilán, o amigo dos  lobos, é o pretexto para uns festexos nos que Lugo, sempre cidade aberta, é máis aberta ca nunca. Milleiros e milleiros de persoas acoden á vella cidade, non só dos arredores, non só de toda Galicia, senón de fóra dela, e moi especialmente de Asturias e León. O Domingo das Mozas, o seguinte ao día do Patrón, é un verdadeiro río de xente, que sempre parece que non cabe e sempre acaba cabendo.