Preguntas frecuentes sobre EVISLUSA

Que é, cando e por que naceu, que fai e quen compón EVILUSA, a empresa municipal de vivenda e solo de Lugo.

Que é EVISLUSA?

EVISLUSA é unha empresa municipal para desenvolvemento de solo e vivenda. Foi constituída en escritura pública o 18 de novembro de 2003 e comezou a súa andadura en febreiro do 2004. É unha aposta decidida por unha acción pública municipal.

Que competencias ten EVISLUSA?

Actividades urbanísticas de interese social:

  • Preparación de solo residencial, terciario, industrial e de equipamento.
  • Remodelación ou reforma de zonas urbanas.
  • Redacción de documentos de planeamento e xestión urbanística.
  • Promoción, construcción e rehabilitación de toda clase de bens inmobles.
  • Xestión e explotación de obras e servicios resultantes da urbanización.
  • Investigación, información, asesoramento e colaboración en estudios e actividades relacionados coa poboación e o urbanismo.
Que impulsa a creación de EVISLUSA?

EVISLUSA nace da necesidade que ten o Concello de Lugo no uso das súas atribucións de intervir no mercado de solo coa intención de regulamentar o seu prezo e evitar especulacións que poidan impedir a calquera cidadán ter acceso a unha vivenda digna.

Que obxectivos persegue EVISLUSA?

EVISLUSA  petende aportar maior axilidade ao desenvolvemento das actuacións municipais en materia de vivenda e solo. Ao abeiro da súa forma de sociedade anónima pode evita-la complexidade existente na esfera da Administración Pública.

Que tipo de empresa é EVISLUSA?

EVISLUSA é unha empresa pública con capital totalmente municipal e  con responsabilidade xurídica. É un elemento co que o Concello pretende intervir nun mercado con pouco control público e de difícil acceso para moitos cidadáns.

Quen compón EVISLUSA?

Xunta Xeral 

Constituída pola Corporación en Pleno do Excmo. Concello de Lugo

Consello de Administración

Presidente Xosé Clemente López Orozco, Alcalde de Lugo.

Vicepresidenta Sonia Méndez García

Vogais

  • Sonia Méndez García
  • Luis Manuel Álvarez Martínez
  • Jaime Castiñeira Broz
  • Arcadio Silvosa Alonso
  • Paz Abraira Sobrado

Xerencia Benigno Jáuregui Fernández

Secretario José Antonio Carro Asorey

Intervención Marcial Rodríguez Toajas, Interventor de Fondos Municipais

Onde está EVISLUSA?

EVISLUSA atópase na rúa Quiroga Ballesteros.