Buzón da Infancia

"Os nenos e nenas teñen dereito a expresar a súa opinión e a  que
esta se teña en conta en todos os asuntos que lles afecten."
Art. 12 da Convención de Dereitos dos Nenos

Os nenos e nenas tedes a palabra

O Concello de Lugo asumiu no seu Plan de Infancia o obxectivo de impulsar a participación dos nenos e nenas lucenses nos asuntos da cidade que lles poidan afectar, por este motivo, pon en funcionamento o presente Buzón da Infancia

Quen pode escribir neste Buzón de Infancia?
Poden escribir todos os nenos e nenas lucenses menores de 18 anos que queiran dar a súa opinión sobre como lles gustaría que fose a cidade de Lugo para os nenos e nenas e para as súas familias.

Que podes contar?
Podedes contar a vosa opinión sobre a cidade de Lugo e as cousas que vos gustan da cidade e as cousas que vos gustaría que cambiaran. Podedes falar sobre os parques, os xogos, as escolas, os deportes, as rúas, os colexios, …e todo o que poidades imaxinar.

Que se vai facer coas propostas que se reciban?
Todas as opinións van ser recollidas polo Concello de Lugo, que as vai a ter en conta, na medida na que sexa posible, nas próximas actividades que se fagan.

Participa coa túa proposta

LOPD
O tratamento dos datos de carácter persoal que se recollen a través de lugo.gal, lugo.es e concellodelugo.es realízase de acordo co disposto na Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa aplicable. As persoas interesadas poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, nos termos establecidos na lexislación aplicable, por escrito dirixido ao Concello de Lugo, Praza Maior, 1, 27001 - Lugo.