O Concello elimina as gomas de mascar pegadas nas rúas Bispo Aguirre e Anxo López Pérez

Venres, 19 de maio de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello elimina as gomas de mascar pegadas nas rúas Bispo Aguirre e Anxo López Pérez

Operarios do servizo de limpeza do Concello de Lugo están a realizar labores de limpeza para eliminar as gomas de mascar pegadas no chan das rúas Bispo Aguirre e Anxo López Pérez. O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, supervisou este venres os traballos, que comezaron onte e rematarán o vindeiro luns. Para efectualos, o Concello utiliza unha máquina denominada Gumpak, composta por unha mochila cargada dun líquido elaborado a base de remolacha e que se aplica mediante un tubo e un cepillo sobre as gomas, de xeito que quedan reducidas a espuma e, deste xeito, se poden retirar facilmente. Tras a retirada das gomas de mascar, os operarios de limpeza pasan a fregadora pola rúa. Daniel Piñeiro explicou que estas labores de mellora da limpeza desenvolveranse nas rúas ou puntos da cidade nos que hai unha maior concentración de gomas de mascar pegadas no chan. Piñeiro engadiu que o sistema utilizado pola máquina Gumpak é a única forma de retirar as gomas que levan tempo pegadas, pois as máis recentes poden ser eliminadas coa barredora.

Noticias relacionadas