Consulta pública previa á elaboración dunha Ordenanza Municipal en materia de avaliación técnica de edificios

Presentación:  Online mediante correo eléctrónico dirixido a ordenanzaurbanismo@lugo.gal

Tipo: Normativa Municipal.

Destinatario: cidadáns, organizacións e asociacións.

Datos salientables:

  • Publicación en: BOP Lugo 20-10-2023.
  • Taboleiro de Anuncios 23-10-2023.

Destinatarios: Cidadáns, Organizacións e Asociacións.

Prazo de Presentación de opinións: 15 dias naturais dende a publicación no BOP (ata o 6/11/2023).

Durante o expresado trámite de consulta pública, os cidadáns, organizacións e asociacións, que consideren que resultan afectadas pola ordenanza cuxa tramitación se pretende, poden facer chegar as súas opinións, indicando o seu nome e apelidos ou denominación social, mediante correo eléctrónico dirixido a ordenanzaurbanismo@lugo.gal, acerca de:

  • a) dos problemas que se pretenden solucionar coas anteditas normas.
  • b) da necesidade e oportunidade da súa aprobación.
  • c) dos obxectivos das normas.
  • d) da posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.

As alegacións presentadas que cumpran o requisito recibirán acuse de recibo a traves de dita dirección de correo electrónico.