Planeamento, xestión e disciplina urbanística

As actuacións municipais en materia de Urbanismo divídese en tres áreas principais, que se indican a continuación, coa especificación dos seus cometidos:

Planeamento urbanístico

  • Actuacións preparatorias do procedemento de aprobación de instrumentos de planeamento.
  • Tramitación do procedemento de aprobación de todo tipo de instrumentos de planeamento.

En materia de xestión urbanística

  • Delimitación de espacios de normalización de fincas, unidades reparcelables, polígonos e unidades de execución así como as súas modificacións.
  • Expedientes de determinación e modificacións de sistemas de actuacións. 
  • Tramitación de actuacións preparatorias dos instrumentos de equidistribución de cargas e beneficios.
  • Tramitación do procedemento de aprobación de instrumentos de equidistribución de cargas e beneficios. 
  • Tramitación de procedementos de constitución de entidades urbanísticas de conservación da urbanización. 
  • Tramitación de convenios urbanísticos, tanto de planeamento como de xestión. 
  • Informes relativos a enaxenación de terreos do patrimonio municipal do solo. 

Atención ó público

  • Ordinaria: informa sobre todo o planeamento municipal aprobado, sobre os trámites e requisitos para o seu desenvolvemento, proxectos, etc. 
  • Especial: informa en relación cos expedientes en tramitación, e en especial durante os periodos de información pública das anteditas materias.

Xestión urbanística

  • Tramitación de expedientes de expropiación forzosa, de bens e dereitos a través de tódolos procedementos legalmente establecidos (expropiación ordinaria de urxencia e por tasación conxunta).
  • Tramitación de expedientes de imposición de contribucións especiais para o finanzamento de obras públicas.
  • Tramitación do procedemento de aprobación de todo tipo de proxectos de urbanización e de obras ordinarias.
  • Tramitación do procedemento de recepción de obras de urbanización.
  • Expedientes de declaración de ruina das edificacións, órdenes de execución de obras de obrigado cumplimento, e de inspección técnica das edificacións.

Disciplina urbanística

  • Tramitación de expedientes de tramitación da orde xurídica infrinxida e da realidade física alterada por infraccións urbanísticas.
  • Tramitación de expedientes de imposicións de sancións por infraccións urbanísticas.
  • Tramitación e expedicción de certificacións acreditativas das condicións urbanísticas de terreos.

+ info

Información pública do Convenio urbanístico entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Lugo para a recuperación e posta en valor do Pazo de Dona Urraca e mellora da ordenación da UI-8
Información pública do Proxecto da Terminal de Autobuses integrado na área intermodal de Lugo