Xóan Rico Pérez

Orzamento 49.851,98 €
Data de inicio 17 de setembro de 2012 (Prazo 1 mes)
Data de finalización 15 de outubro de 2012

Prevese a execución dunha capa de formigón bituminoso de 5 cm sobre unha primeira capa de regularización de espesor medio 2 cm, fabricado con áridos calizos, a situar sobre a rasante actual. Deste xeito o firme existente convértese na base do futuro firme, constituíndose un reforzo da pavimentación da vía, mellorando a súa regularidade superficial, a súa durabilidade e garantindo maior facilidade de conservación.

Disporanse sumidoiros e rexillas para a recollida das augas superficiais, conectándoas ben aos pozos existentes ou instalando tramos de colector de pluviais de pvc de 315 mm de diámetro. Así mesmo reporase o bordo e a rígola da beirarrúa existente un un tramo da rúa.