A Brigada de Obras repara os bolardos na rúa Serra de Outes

Venres, 26 de abril de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Brigada de Obras repara os bolardos Serra de Outes

O Persoal da Brigada Municipal de Vías e Obras reparou esta mañá os bolardos da rúa Serra de Outes, que foron retirados de forma vandálica da vía pública. O autor dos feitos xa foi identificado na tarde de onte. O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, afirmou que "a brigada municipal de Vías e Obras realiza unha importante labor para realizar pequenas reparacións coma esta de xeito rápido e eficiente", e engadiu "esta brigada realiza unha importante labor de reparación nas distintas infraestruturas do concello e no mantemento da cidade"

Cada ano, esta bigada atende preto de 1000 solicitudes veciñais en todas as rúas de Lugo, "reparacións pequenas que melloran o día a día das veciñas e veciños de Lugo", explicou Penas. No ano 2023 realizaron en total 251 intervencións na sinalización da cidade reparando ou substituíndo sinais ou marcas viais, ademais, melloraron 76 tapas de rexistro que producían molestias á veciñanza por facer ruído ou estar soltas. Executáronse tamén 554 arranxos en vías públicas, renovando bolardos deteriorados, tapando fochancas ou amañando partes das beirarrúas máis deterioradas. A todo este traballo sumáronse 79 actuacións de renovación e instalación de mobiliario urbano, como bancos ou aparcabicis, e outras reparacións.

Noticias relacionadas