O Executivo de Paula Alvarellos optimiza as instalacións deportivas de Frigsa e As Pedreiras

O Concello renovou parte do sistema eléctrico do centro deportivo situado no parque da Milagrosa e acometeu varias melloras nos vestiarios mentres que, no complexo da zona sur, modernizou o sistema de climatización do vaso e  actualizou o ximnasio.

Así mesmo, nas últimas semanas, realizáronse traballos no Pavillón municipal, no Palomar, no polideportivo da Piringalla, nas pistas das Termas e nos campos da Cheda e As Gándaras e Galegos cun inventimento superior aos 30.000 euros.

O edil Jorge Bustos anunciou que estas actuacións  enmárcase dentro do Plan Dinámico de Intervención posto en marcha pola súa área para conservar as instalacións deportivas municipais.

Luns, 22 de abril de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Executivo de Paula Alvarellos optimiza as instalacións deportivas de Frigsa e As Pedreiras

O Executivo de Paula Alvarellos, a través da Concellería de Xuventude e Deportes que dirixe Jorge Bustos, ven de optimizar o funcionamento das piscinas de Frigase e As Pedreiras con varias intervencións de carácter técnico nos sistemas hidráulicos e eléctricos destes complexos. “O obxectivo destas intervencións é modernizar as principais instalacións acuáticas municipais, que ademais rexistran unha importantísima actividade deportiva durante os sete días da semana, ao tempo que garantimos un funcionamento óptimo destes complexos reducindo así os riscos de incidencias en sistémas estrátexicos paraa súa operatividade”, sinalou o edil.

Deste xeito, o Goberno local renovou parte da rede de distribución enerxética do centro deportivo situado no parque da Milagrosa e acometeu varias melloras nos vestiarios encamiñadas a mellorar a comodidade das persoas usuarias. Pola súa banda, no complexo da zona sur, modernizouse o sistema de climatización do vaso e mellorouse o illamento e renovouse a pintou da zona do ximnasio, así como doutras dependecias do centro. Así mesmo, nas últimas semanas, realizáronse pequenas actualziacións no Pavillón municipal, no Palomar, no polideportivo da Pinrigalla, nas Termas e nos campos da Cheda e As Gándaras e no campo  de Galegos cun inventimento superior aos 30.000 euros.

 “As piscinas de Frigsa e As Pedreiras son instalacións que albergan unha enorme actividade ao longo de todo o ano. Non debemos olvidar que, ademáis do uso idniviudal,  alí desenvólvense programas municipais para todas as idades, entrenamento de clubes, como o Portamiñáou o Cidade de Lugo, e númerosas competicións, polo que requiren un mantemento exaustivo e introducir actualzaiciones para que o sistema de funcionamento sexa o máis solvente posible para así evitar incidecias inesperadas”, apuntou Bustos.

O edil de Deportes recordou que estas actuacións enmárcanse dentro do Plan Dinámico de Intervención posto en marcha pola súa área para conservar e modernizar as instalacións deportivas. En total, a capital conta na actualidade con máis de medio cento de recintos municipais destinados á práctica deportiva e ao adestramento que o Concello cede gratuitamente ao tecido asociativo e sobre os que exerce unha supervisión continuada para garantir o seu bo estado.

Nos últimos meses, desde que se comezou a implementar o novo Plan Dinámico de Intervención nas instalacións deportivas municipais, o investimento total en distintas melloras supera os 120.000 euros. “O feito de ter elaborado este documento nos está permitir desenvolver unha planificación semestral para que todas estas dependencias sigan tendo coidados axeitados”, explicou Bustos, quen matizou que todos estes traballos se están a acometer tratando de interferir o mínimo posible na actividade que cada unha das instalacións.

Audio

  • O edil de Xuventude e Deportes, Jorge Bustos, sobre as melloras de Frigsa e As Pedreiras | Descargar mp3

Noticias relacionadas