Establecerse en Lugo: Infraestruturas

Oportunidades

Recursos naturais

  • Recursos propios con capacidade de explotación (históricos, naturais e culturais)
  • Gran riqueza natural sobre a que se desenvolve gran parte da súa estrutura económica
  • Calidade medioambiental. Posibilidade emerxente do sector turismo da natureza
  • Tendencia cara á terciarización da economía lucense, como consecuencia do aumento no número de persoal ocupado no sector servizos
  • Imaxe moi positiva dos produtos agrícolas e artesáns

Solo empresarial e industrial

  • Gran dispoñibilidade de solo no parque empresarial das Gándaras: 2.200.000 m2 de superficie, con 114 parcelas de solo industrial entre 700 e 4.000 m2
  • Ampliación e mellora das infraestruturas do polígono industrial do Ceao coa próxima construción dun viveiro de naves industriais de promoción municipal.
  • Servizos complementarios á oferta de solo empresarial

Recursos estratéxicos

  • A ausencia de industrias auxiliares en sectores ou actividades que puidesen ser estratéxicos para Lugo supón unha das oportunidades de cara á posible implantación de novas empresas e industrias
  • CEI NODUS como centro de asesoramento de empresas investidoras
  • CETAL (Centro Tecnolóxico Agroalimentario), co principal obxectivo de promover, impulsar e apoiar o desenvolvemento tecnolóxico do sector agroalimentario e a mellora do coñecemento científico e técnico en materia agroalimentaria.
  • Desenvolvemento de accións formativas orientadas a sectores estratéxicos ou empresas investidoras de sectores determinados que garantan persoal altamente cualificado
  • Universidade como actividade supraprovincial con efecto no emprego, na cualificación dos recursos humanos, desenvolvemento urbano e na actividade empresarial
  • Gran desenvolvemento nos últimos anos da sociedade da información e das comunicacións e aplicación das novas tecnoloxías

Sectores de actividade de maior potencialidade

  • Enerxías renovables: Eólica, Biomasa
  • Desenvolvemento de actividades turísticas
  • Loxística
  • Produtos e servizos á terceira idade
  • Industria agroalimentaria
  • Sector TIC
  • Medio ambiente, Ecoinnovación
  • Biociencias-biotecnoloxía

Infraestruturas

Disposición dunha boa posición xeográfica como porta de Galicia cara á meseta e á zona noroeste de España

  • Autovía do Cantábrico
  • Ponte sobre o río Miño na intersección coa autovía A54
  • Liña de alta velocidade
  • Proximidade a importantes estruturas portuarias como A Coruña, Ferrol, Celeiro ou Burela
  • Proximidade aos aeroportos da Coruña e Santiago de Compostela