Vivir en Lugo

Calidade de vida

  • Indicadores moi positivos de calidade de vida: seguridade cidadá, esperanza de vida, baixo custo da vida, grande oferta de vivenda accesible, número elevado de prazas en garderías públicas
  • Forte nivel de equidade social
  • Poboación con espírito emprendedor
  • Boa dotación de servizos sanitarios (baixa taxa de mortalidade evitable). HULA – unha das infraestruturas sanitarias máis avanzadas de Europa

Servizos de lecer e cultura

  • Boa oferta de servizos de ocio e cultura e gastronomía
  • MIHL, Museo Interactivo de Historia de Lugo, baseado na utilización da tecnoloxía para a difusión do patrimonio cultural
  • Grande oferta museística de valorización do patrimonio arqueolóxico

Comunicación e transporte

  • Servizo adecuado de transporte público de viaxeiros e telecomunicacións

Turismo

  • No ano 2006, Lugo foi declarado Municipio Turístico Galego
  • O San Froilán e Arde Lucus están consideradas Festas de Interese Turístico Nacional

Deportes e benestar

  • Boas estruturas deportivas. Destacan o fútbol e o baloncesto, pero tamén grandes e modernas infraestruturas para a práctica de tenis, pádel, natación, golf, tenis de mesa, tiro con arco, tiro olímpico...
  • Rutas de sendeirismo e cicloturismo,
  • Lugo conta ademais cun balneario, famoso polas súas termas de orixe romana

Humanización

  • Potenciación da peonalización no centro histórico amurallado
  • Amplas zonas verdes para o ocio e a práctica deportiva
  • Cinto verde de máis de dez quilómetros ás beiras do río Miño e do río Rato