As Aulas Newton Móbiles, instaladas case o 100% na Horta do Seminario colaborando dende o Concello de Lugo activamente

As aulas estarán instaladas na Horta do Seminario do 22 de outubro ao 10 de novembro

As Aulas Newton Móbiles recibirán a medio millar de alumnos dos colexios lucenses e tamén abriranse a todo público

Xoves, 17 de outubro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
As Aulas Newton Móbiles, instaladas case o 100% na Horta do Seminario colaborando dende o Concello de Lugo activamente

O Concello de Lugo colabora activamente na instalación das Aulas Newton Móbiles ubicadas na Horta do Seminario do 22 de outubro ata o 10 de novembro, polas que pasarán máis de 500 alumnos e alumnas de idades comprendidas entre os 14 e 16 anos dos colexios da provincia lucense.

Lara Méndez explica que “para nós é fundamental ir sempre da man da comunidade educativa, colexios, institutos e Universidade, tanto na formación como nos grandes proxectos de cidade para xerar economía e crear as condicións idóneas para reter ese talento que estamos a fomentar no noso municipio”.  “A nosa principal riqueza non se basea só no territorio, as materias primas ou o capital senón no talento colectivo e individual”, de ahí a implicacion e facilidades do concello con esta iniciativa impulsada pola Fundación First Escandinavia e Boeing Europa.

O municipio de Lugo é o primeiro destino europeo onde se instalarán as Aulas Newton Móbiles, destinadas á formación do alumnado de secundaria da provincia cara ás profesións relacionadas coa ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría e as matemáticas.

As Aulas Newton son espazos educativos STEM de alta calidade de 70 metros cadrados que se instalarán na Horta do Seminario do 22 de outubro ata o 10 de novembro, polo que pasarán máis de 500 alumnos e alumnas de idades entre os 14 e 16 anos dos colexios da provincia lucense. Pero ademais, os espazos estarán abertos ao público en xeral as fins de semana e os días festivos.

O módulo das aulas que chega a Lugo, chamado ‘Voamos cos números’, descubrirán  dun xeito práctico e ameno os conceptos matemáticos na planificación e implementación dos voos e participar nos simuladores.

Despois da cidade lucense, as aulas viaxarán a Polonia, Países Baixos, Alemaña, Francia, Italia, Bélxica, Reino Unido e Suecia.

Noticias relacionadas