A concellaría de Xuventude organiza un curso gratuíto de iniciación á hípica en xullo e agosto dentro da programación do +xTi

Estará dirixido á mocidade lucense de entre 12 e 20 anos e celebrarase no centro ecuestre Lvcus Terra de luns a venres, dende o 24 de xullo ao 1 de setembro.

As inscricións abrirán o vindeiro luns a través do teléfono 662 64 06 40 ou ben presencialmente nas instalacións do centro. Haberá un total de 60 prazas dispoñibles.

Xoves, 06 de xullo de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concellaría de Xuventude organiza un curso gratuíto de iniciación á hípica en xullo e agosto dentro da programación do +xTi

A área de Xuventude, que dirixe o edil Jorge Bustos, organiza durante os meses de xullo e agosto un curso gratuíto de iniciación á hípica enmarcado na programación do +xTi, financiada polo Plan Nacional sobre Drogas. A actividade celebrarase no Centro Ecuestre Lvcus Terra e estará dirixida a mozos e mozas de 12 a 20 anos empadroadas no Concello de Lugo.

“A través desta iniciativa a mocidade lucense poderá aproveitar o seu tempo libre dun xeito saudable, formándose en áreas que esixen, ademais, valores medioambientais e de sostibilidade, dando visibilidade aos entornos naturais da cidade de Lugo”, explicou o concelleiro.

Desenvolverase durante as mañás, de luns a venres, dende o 24 de xullo e ata o 1 de setembro. Haberá un total de 10 grupos, formados por 6 participantes, que se dividirán en dúas quendas: das 9:30 ás 11:30 horas (6 prazas) e das 11.30 ás 13.30 h (6 prazas).

As inscricións abrirán este luns, 10 de xullo, a través do teléfono 662 64 06 40 ou ben de forma presencial no centro hípico. Haberá un total de 60 prazas que se asignarán por rigorosa orde de entrada das solicitudes. Os menores de idade deberán ter autorización asinada de pais/nais/titores.

Noticias relacionadas