Lara Méndez oficializa o nomeamento de Jesús Piñeiro como o primeiro Intendente na historia da Policía Local de Lugo

O xefe superior do Corpo local recibía de mans da alcaldesa, hai tan só uns meses, a Cruz de la Orden del Mérito Civil en recoñecemento á valía do seu labor.

Martes, 15 de novembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez oficializa o nomeamento de Jesús Piñeiro como o primeiro Intendente na historia da Policía Local de Lugo

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu esta mañá a toma de posesión de Jesús Piñeiro, como novo Intendente da Policía Local, logo de ter superado o período de prácticas.

A rexedora lembrou que “hoxe é un día moi importante para este Corpo, que nos 160 anos de historia que ten, contará, por primeira vez, cun cargo de altísimo nivel, fundamental tamén para continuar completando a cadea de mandos”.

Lara Méndez sinalou que a cobertura da praza supón un “salto cualitativo e cuantitativo na configuración da Policía Local, xa que alén de servir para mellorar a organización e prestación do servizo, supón tamén un avance no cumprimento dos cocientes de número de efectivos con relación á poboación do municipio”.

Antes de rematar, Méndez enxalzou nunha nova ocasión o labor desempeñado por Jesús Piñeiro ao fronte da Xefatura de Lugo, que hai tan só uns meses recibía, por este motivo, a condecoración da Cruz de la Orden del Mérito Civil.

Pola súa parte, o novo Intendente agradeceu a confianza e apoio da rexedora á Policía Local e tamén “o esforzo do Executivo para dotala de medios humanos e técnicos co obxectivo de ser, cada vez, máis profesionais”. Así mesmo, Piñeiro puxo en valor o impulso dado neste mandato ás promocións de ingreso e ascenso dentro do Corpo, “que resultan vitais para a súa estruturación e funcionamento”, apuntou ao tempo que concluíu reafirmando o compromiso de lealdade e servizo da Policía Local á cidadanía.

Multimedia

  • Lara Méndez oficializa o nomeamento de Jesús Piñeiro como o primeiro Intendente na historia da Policía Local de Lugo
  • Lara Méndez oficializa o nomeamento de Jesús Piñeiro como o primeiro Intendente na historia da Policía Local de Lugo

Noticias relacionadas