Lugo conmemora mañá o 30 aniversario do nacemento do Comercio Xusto en España

O Concello organiza unha feria, obradoiros de cociña, teatro e conferencias, que terán lugar mañá a partir das 11:00 e ata as 20:00 horas na Praza Maior 

Venres, 13 de maio de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo conmemora mañá o 30 aniversario do nacemento do Comercio Xusto en España

Mañá sábado, 14 de maio, conmemórase o Día Mundial do Comercio Xusto e a Cooperación Internacional. Trátase dunha xornada de sensibilización á que o Concello de Lugo se quixo sumar un ano máis organizando diversas actividades que se desenvolverán ao longo do día na Praza Maior. Así o deron a coñecer este venres a Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, e dous representantes da planificación destas actividades, Héctor Otero e Marta Pérez.

“Lugo como cidade pioneira en Galicia na aposta polo Comercio Xusto, a súa defensa e a súa promoción, festexa dende hai máis de 20 anos este día, e neste 2016, conmemora o 30 aniversario do Comercio Xusto en España”, anunciou a Concelleira, quen subliñou o compromiso da entidade local cos valores de xustiza e co consumo responsable. Ademais, a edil lembrou que con esta actividade non se pretende soamente sensibilizar aos lucenses sobre as alternativas de consumo, senón que forma parte do acordo plenario co que se promove a candidatura de Lugo como Cidade polo Comercio Xusto.

Pola súa banda, Otero e Pérez lembraron o desenvolvemento do comercio xusto e os seus principios básicos, ao tempo que agradeceron o apoio do Concello de Lugo co movemento do comercio xusto e a rede solidaria.

Na xornada de maña terá lugar unha feira de produtos de comercio xusto, locais, ecolóxicos e artesanais, na que participarán unha vintena de postos dende as 11:00 ás 20:00 horas. Paralelamente realizaranse un obradoiro de cociña, dirixido a familias, en sesión de mañá, de 11:30 a 13:00 horas. Para este obradoiro é necesaria inscrición, que se pode facer en lugoxusta@gmail.com. Ao rematar este obradoiro, terá lugar unha representación teatral. A partir das 17:30 horas, haberá conferencias sobre Comercio Xusto e Consumo Responsable, a cargo dos actividades José Luis Chamorro e Clara Raposo. A xornada rematará cunha representación teatral.

Na feira participarán Grupo Lugo Xusta, que agrupa aos colectivos Asemblea de Cooperación pola Paz, Bico de Grao, Manos Unidas, Solidariedade Internacional e Taller de Solidariedade. 

Audio

  • Rosana Rielo, sobre o 30 aniversario do nacemento do Comercio Xusto en España|Descargar mp3

Noticias relacionadas