Medio Ambiente instala 13 aseos portátiles en distintos puntos da cidade para atender a demanda derivada das restricións sanitarias

Álvaro Santos: “Como xa fixéramos no estado de alarma en marzo, colocaremos novos baños públicos para atender as necesidades causadas polo peche de bares e cafeterías”

Instalaranse dúas cabinas máis que na anterior ocasión, no Centro Social da Miliagrosa, no entorno de Frigsa, e a carón do Banco de Alimentos, no Ceao

Destas cabinas, oito están adaptadas para persoas con mobilidade reducida

Martes, 17 de novembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Medio Ambiente instala 13 aseos portátiles en distintos puntos da cidade para atender a demanda derivada das restricións sanitarias

A área de Medio Ambiente instalará 13 cabinas sanitarias en distintos puntos da cidade, 8 delas adaptadas a persoas con mobilidade reducida, dando resposta, deste xeito, a unha demanda veciñal xurdida polo peche dos locais de hostalería. “Como xa fixéramos durante o estado de alarma decretado polo Goberno Central en marzo, dende o Concello procedemos á instalación de aseos portátiles, co fin de atender as novas necesidades derivadas do peche de bares e cafeterías, dando así resposta a unha demanda veciñal”, apuntou Álvaro Santos.

O edil explicou que “atendendo as peticións dos veciños e veciñas, instalaranse un total de 13 cabinas, dúas máis que na anterior ocasión, que serán colocadas no Centro Social da Milagrosa, no entorno de Frigsa, e a carón do Banco de Alimentos, no polígono industrial do Ceao. A previsión é que permanezan dispoñibles até o 11 de decembro”.

Estas instalacións súmanse á decena de aseos que o Concello mantén habilitados, con carácter continuado, noutros puntos da capital, ademais do autolimpable ubicado no Parque Rosalía de Castro, e cos que se pretende dar cobertura ao maior número de zonas posible.

O concelleiro sinalou tamén que “as cabinas serán aseadas e desinfectadas, tanto interior como exteriormente, dúas veces ao día cunha unidade móbil que fará unha limpeza con vapor, chorro a presión e reposición de tódolos materiais que contén como auga, xabón, papel hixiénico e mesmo ambientador”.

A continuación achégase unha relación coa situación das cabinas, tanto as fixas, como as que se veñen de incorporar.

CABINAS SANITARIAS SERVIZOS ESENCIAIS (Nova instalación)

 

MOBILIDADE REDUCIDA

Garabolos

SI

Praza de Ferrol

SI

Campo Castelo

SI

Centro Social A Milagrosa

SI

Praza Horta do Seminario

SI

Praza do Rei

SI

Praza Aguas Férreas

SI

Fingoy (centro de convivencia)

SI

Praza da Milagrosa

NON

Praza do Castiñeiro

NON

Fontiñas (ascensor)

NON

Otero Pedrayo

NON

Banco de alimentos

NON

BAÑO PÚBLICO AUTOLIMPABLE PARQUE ROSALÍA DE CASTRO (Fixo)

CABINAS PARQUES E XARDÍNS (Fixas)

 

MOBILIDADE REDUCIDA

Fonte dos ranchos

SI

Parque de Marcos Cela

SI

Parque de Frigsa

SI

Montirón (local social)

SI

Parque do Miño (pasarela)

SI

Parque do Miño (ponte romana)

SI

Parque do Miño (restaurante O Muiño)

NON

Parque do miño (ponte romana)

NON

Carballeira (fábrica da luz)

NON

Parque do Sagrado Corazón NON

Audio

  • O edil de Medio Ambiente, Álvaro Santos, sobre a instalación de cabinas sanitarias | Descargar mp3

Noticias relacionadas