O Concello denuncia actos vandálicos no parque infantil de Campo Castelo e pídelle á cidadanía respecto aos espazos públicos

Miguel Fernández denunciou o estrago de dúas camas elásticas no recén renovado parque infantil durante a pasada madrugada. A Policía Local está a investigar os feitos.

O Concello xa traballa na súa substitución, máis o proceso de solicitude do material e remplazo das mesmas podería dilatarse varias semanas.

O edil lembrou que “o custo do vandalismo pagámolo entre todos, Lugo é a nosa cidade e debemos contribuír a coidar dela e non a estragala”.

Martes, 19 de marzo de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello denuncia actos vandálicos no parque infantil de Campo Castelo e pídelle á cidadanía respecto aos espazos públicos

O edil de Transición Ecolóxica, Miguel Fernández, denunciou este martes os actos vandálicos levados a cabo esta madrugada no parque infantil de Campo Castelo –recentemente renovado–, que supuxeron o estrago de dúas camas elásticas. Fernández lamentou o “comportamento inxustificable de quen atopa divertido estragar os recursos e mobiliario urbano de todas e todos, privando ás crianzas disfrutar dun espazo con moita afluencia”.

O Executivo de Paula Alvarellos procedeu a valar a zona afectada para evitar riscos de caídas e xa traballa na substitución das camas afectadas. “O proceso de solicitude do material e remplazo das mesmas podería dilatarse varias semanas”, explicou o edil, quen subliñou que a Policía Local está a investigar os feitos.

Fernández pediu colaboración á cidadanía para respectar os espazos públicos e lembrou que o custo do vandalismo “pagámolo entre todos”. “É importante chamar á responsabilidade e que sexamos conscientes de que Lugo é a nosa cidade e debemos contribuír a coidar dela e non a estragala.  Como comunidade debemos denunciar estes actos ", apuntou.

O responsable de Transición Ecolóxica insistiu en “apelar á concienciación cidadá para evitar que no futuro se repitan situacións como a acontecida esta madrugada”.

Multimedia

  • O Concello denuncia actos vandálicos no parque infantil de Campo Castelo e pídelle á cidadanía respecto aos espazos públicos

Noticias relacionadas