O Edificio de Novas Tecnoloxías inicia a súa actividade formativa con 10 obradoiros gratuítos con 150 prazas e unha master class de fotografía

Rosana Rielo presentou a programación, que se desenvolverá dende o 29 de maio ao 30 de xuño. As inscricións realizaranse no propio centro ata as 20:00 horas do xoves anterior ao inicio do curso, que é distinto para cada un deles

A Master Class de fotografía artística dixital, impartida por Álvaro Barreiro, será o 27 de maio, de 17:00 a 19:00 horas. Nel abarcarse a temática de uso de photoshop, ligthroom ou after effects. A entrada é libre ata completar aforo

Martes, 16 de maio de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Edificio de Novas Tecnoloxías inicia a súa actividade formativa con 10 obradoiros gratuítos con 150 prazas e unha master class de fotografía

A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, presentou este martes a programación de inicio da actividade formativa do edificio de novas tecnoloxías, organizada polo Concello. Serán 150 prazas totalmente gratuítas en 10 obradoiros dirixidos a públicos de todas as idades, que se desenvolverán dende o 29 de maio ao 30 de xuño, nas recén estreadas instalacións deste centro, situado na Praza Anxo Fernández Gómez.

No acto, Rielo subliñou que se trata de "píldoras formativas curtiñas, para detectar tamén cales son as temáticas de maior interese da cidadanía e ir abordando nelas". Ademais, incidiu na excelente oportunidade que supoñen estes cursos para coñecer as vantaxes das novas tecnoloxías, mellorar as competencias dixitais e impulsar o desenvolvemento persoal no ámbito da tecnoloxía.

Entre as distintas alternativas de accións formativas que ofrece o Concello atópanse trámites electrónicos coa administración, iniciación á informática, utilización de smartphones, internet seguro, posicionamento web e seo, redes sociais, retoque fotográfico co smarphone, compra e venda online, e creación de aplicacións móbiles.

Inscricións

Para inscribirse nalgún destes cursos é necesario achegarse ao Edificio de Novas Tecnoloxías, aberto en horario de luns a sábado, de 10:00 a 13:00 horas, e de 16:00 a 21:00 horas.

A inscrición realizarase ata as 20:00 horas do xoves anterior ao inicio do curso, data distinta para cada unha das accións. Os menores de idade deberán contar coa autorización dun titor legal. Cada persoa só se poderá inscribir en dous cursos. Só no caso de que queden prazas libres poderanse adminitr a inscrición en máis de dous obradoiros. O acceso aos cursos será por sorteo, que se realizará ás 11:00 horas do día seguinte ao peche da inscrición. A lista de persoas admitidas poderase consultar na páxina web do Concello, www.lugo.gal, no propio centro, ou a través do 010. Será necesario asistir a un 80% das horas pra pode recibir o diploma.

Master class de fotografía

Tal e como anunciou a edil, esta programación tamén inclúe unha Master Class de fotografía artística dixital, a cargo de Álvaro Barreiro, o día 27 de maio, de 17:00 a 19:00 horas. Nel abarcarse a temática de uso de photoshop, ligthroom ou after effects, entre outros. Será na sala de usos múltiples do edificio, con entrada libre ata completar aforo.

Multimedia

  • O Edificio de Novas Tecnoloxías inicia a súa actividade formativa con 10 obradoiros gratuítos con 150 prazas e unha master class de fotografía
  • O Edificio de Novas Tecnoloxías inicia a súa actividade formativa con 10 obradoiros gratuítos con 150 prazas e unha master class de fotografía

Noticias relacionadas