O Goberno de Lara Méndez pon en marcha unha nova acción formativa online e gratuíta dirixida a mozos e mozas emprendedores

Trátase do programa “Liderazgo e novos modelos de negocio”, promovido polo Concello, coa colaboración da Fundación Incyde, e cofinanciado polo FSE.

A formación, que dará comezo o vindeiro 31 de maio e terá unha duración de sete semanas, será impartida por expertos e especialistas do ámbito empresarial.

En total ofértanse 25 prazas e as inscricións atópanse abertas no seguinte enlace: https://www.incyde.org/ficha/emprendimiento-liderazgo-y-nuevos-modelos-de-negocio/lugo/8b16ebc056e613024c057be590b542eb

Domingo, 25 de abril de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno de Lara Méndez pon en marcha unha nova acción formativa online e gratuíta dirixida a mozos e mozas emprendedores

O Goberno de Lara Méndez promove unha nova acción formativa para mozos e mozas emprendedores, coa colaboración da Fundación Incyde, e cofinanciada polo Fondo Social Europeo (FSE). Trátase do programa “Liderazgo e novos modelos de negocio”, impartido por expertos e especialistas no ámbito empresarial, que ofrecerá a posibilidade de formarse de forma online e gratuíta, seguindo a metodoloxía e-learning, a 25 persoas menores de 30 anos.

Esta acción formativa dará comezo o 31 de maio e terá unha duración de sete semanas, estando prevista a data de finalización para o 16 de xullo. O programa pretende servir como ferramenta de identificación de oportunidades e achegamento ás mesmas, afondando, entre outras cuestións, nos seguintes contidos:

  • Competencias no liderado e o emprendemento sostible no tempo.
  • Liderazgo na capacidade negociadora do emprendedor.
  • Liderazgo no control das emocións.
  • Liderazgo no financiamento: novas fórmulas de financiamento de proxectos emprendedores.
  • Liderazgo na xestión do tempo.

As inscricións para participar nesta formación xa se atopan abertas a través do enlace: https://www.incyde.org/ficha/emprendimiento-liderazgo-y-nuevos-modelos-de-negocio/lugo/8b16ebc056e613024c057be590b542eb As prazas ofertadas cubriranse por rigorosa orde de entrada das solicitudes.

Obxectivos e tipoloxía das sesións de formación

Os obxectivos do programa son:

  • Ofrecer aos participantes unha estratexia de definición, impulso e control da súa iniciativa empresarial desde unha perspectiva integral innovadora.
  • Favorecer a implementación de modelos de negocio con capacidade de dar resposta ao cambio continúo facendo fincapé na innovación como motor de crecemento competitivo.
  • Redefinir a estratexia competitiva do modelo de negocio actual dos participantes buscando unha maior competitividade e adaptabilidade de resposta ao cambio.

Así mesmo, organizaranse dous tipos de sesións:

  • Sesións de formación conxunta: nestas sesións conxuntas impartiranse os contidos xerais do programa, co fin de proporcionar os coñecementos, ferramentas e habilidades esenciais en cada unha das áreas de coñecemento e promover as sinerxias e intercambios de experiencias entre os participantes no mesmo.
  • Accións de acompañamento e consultoría individualizada: para maior flexibilidade e adaptación a cada un dos participantes, desenvolveranse actuacións de seguimento individualizado nas que se orientará a cada un deles, en función do seu perfil profesional e da actividade de cada proxecto empresarial, no proceso de aplicación e implementación dos contidos xerais abordados nas sesións conxuntas de formación.

Noticias relacionadas