O catedrático Jorge Mira inaugura este xoves o V Ciclo de Xornadas ‘Adiccións sen substancia’ organizado pola Área de Xuventude

A cita terá lugar ás 19:00 horas, no salón de actos do centro de convivencia muncipal de Fingoy. Será a primeira das catro conferencias organizadas polo Executivo de Alvarellos.

O ciclo abordará a prevención, sensibilización e investigación sobre a educación no mundo dixital e as relacións coas novas tecnoloxías e as adiccións sen substancia en xeral.

Martes, 23 de abril de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O catedrático Jorge Mira inaugura este xoves o V Ciclo de Xornadas ‘Adiccións sen substancia’ organizado pola Área de Xuventude

O catedrático e divulgador científico Jorge Mira inaugurará este xoves, ás 19:00 horas, no salón de actos do centro de convivencia muncipal de Fingoy, a 5ª edición do ciclo de xornadas ‘Adiccións sen substancia’, organizado polo Executivo de Paula Alvarellos no marco do Plan Municipal de Prevención de Drogodependencias e Outras Adiccións Comportamentais.

Jorge Mirá é fundador e director do programa de actividades de divulgación científica ‘Conciencia’, froito da colaboración entre a USC e o Consorcio de Santiago. ‘Conciencia’ está considerado por diferentes medios de comunicación como a acción de divulgación científica de máis impacto social de Galicia.

A ponencia que impartirá leva por título: “Coñecendo algunhas bases naturais do noso comportamento”. Será a primeira das catro sesións, totalmente gratuítas, nas que expertos galegos e de ámbito nacional expoñerán distintos contidos relacionados coa prevención das adiccións sen substancia desde diferentes perspectivas.

O edil de Xuventude, Jorge Bustos lembrou que “estas xornadas están destinadas ao público xuvenil, profesionais e familias”, polo que animou á participación de toda a veciñanza, xa que “pretendemos afondar nos problemas máis actuais derivados da adicción ás novas tecnoloxías e a relevancia do rol profesional na abordaxe das mesmas, dun xeito cercano e didáctico, actualizando contidos e coñecendo máis dos mesmos”.

Tres das sesións serán abertas á poboación en xeral no salón de actos do centro de convivencia muncipal de Fingoy, e a restante terá lugar nun centro educativo –o IES Lucus Augusti– para favorecer un encontro coa mocidade sendo impartida por un mozo con experiencia nunha das materias, Unai Garma (emprendedor) que falará da súa experiencia e dará consellos e explicará como non caer nalgún tipo de adiccións como é o xogo, así como as principais estratexias da industria e como nos enganan e os seus riscos.

Resto de sesións e ponentes

  • 29 de abril ás 12:50h.  Unai  Garma Arana, emprendedor, no salón de actos do IES Lucus Augusti: Aposta por TI, non xogues con iso.
  • 2 de maio ás 19:00h. Mercedes Pedreira, psicóloga clínica da Unidade asistencial de Lugo: Qué lle pasa a este rapaz/a?.
  • 9 de maio ás 19:00h. Cristina Casal Pena, psiquiatra especialista en infancia e mocidade: Nenos/as e mozos/as empatallados/as e saúde mental.

Esta iniciativa enmárcase dentro do programa +xTi, programa cofinaciado, polo Plan Nacional sobre Drogas do Ministerio de Sanidad e o Concello de Lugo.

Noticias relacionadas