Rubén Arroxo e Alexandre Penas asisten á xuntanza de xubilados de Telefónica que se celebra en Lugo

A xuntanza contou con medio millar de traballadores de Telefónica de todo o estado.

Arroxo animou a visitar a exposición do centenario de Telefónica que se pode ver no Vello Cárcere e inclúe fotografías retrospectivas de Lugo, aparellos telefónicos e mostras da evolución dos sistemas.

Venres, 26 de abril de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo e Alexandre Penas asisten á xuntanza de xubilados de Telefónica que se celebra en Lugo

O Tenente de Alcaldesa do Concello de Lugo, Rubén Arroxo acompañado polo edil de Infraestruturas Alexandre Penas, asistiron á xuntanza de traballadoras e traballadores de Telefónica organizada pola asociación de xubilados de Telefónica en Lugo, que reuniu a medio milleiro de antigas traballadoras e traballadores da empresa de todo o estado. Esta xuntanza enmárcase dentro das actividades organizadas polo 100 aniversario da empresa de telecomunicacións, actividades que comezaron o pasado venres 19 de abril, coa inauguración dunha exposición sobre a historia da Telefonía no Vello Cárcere.

A mostra conta cunha selección de dispositivos fixos e móbiles, e mostra tamén o avance no cableado e nas centrais telefónicas neste século, e complétase cunha mostra de fotografías de Lugo mostrando tamén o avance da cidade nos últimos 100 anos. A mostra poderá visitarse ata o vindeiro 3 de maio.

Multimedia

  • Rubén Arroxo e Alexandre Penas asisten á xuntanza de xubilados de Telefónica que se celebra en Lugo
  • Rubén Arroxo e Alexandre Penas asisten á xuntanza de xubilados de Telefónica que se celebra en Lugo

Noticias relacionadas