Rubén Arroxo e Maite Ferreiro supervisaron a montaxe das carrozas para a Cabalgata de Reis de 2024

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro supervisaron a montaxe das carrozas para a Cabalgata de Reis de 2024.

12 espectáculos e música acompañarán aos Magos de Oriente na súa chegada a Lugo o vindeiro 5 de xaneiro.

Maite Ferreiro: "traballamos para que as súas maxestades teñan todo preparado cando cheguen a Lugo".

Martes, 02 de xaneiro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo e Maite Ferreiro supervisaron a montaxe das carrozas para a Cabalgata de Reis de 2024

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, xunto co Tenente de Alcaldesa do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, supervisaron a montaxe das carrozas nas que viaxaran por Lugo as súas maxestades os reis de oriente o día 5 xaneiro na cabalgata de Reis. Serán 4 as carrozas, e despois da súa chegada á nosa cidade engalanaranse e preparanse para que participen na Cabalgata que este ano será acompañada por música e 12 espectáculos que farán vibrar a todas as persoas presentes.

Ferreiro explicou que "presentamos un novo espectáculo para que as nenas e nenos de Lugo poidan recibir aos Magos cunha gran cabalgata que contará con música e espectáculos novidosos e de calidade". A Cabalgata, titulada Fermoso Planeta, percorrerá as rúas de Lugo o vindeiro 5 de xaneiro a partir das 18:00, saíndo desde o Parque da Milagrosa e coa previsión de chegar ao Concello ás 20:00. O percorrido contará con 4 carrozas e 12 espectáculos chegados a Lugo desde distintas partes do mundo. "A temática da cabalgata deste 2024 é a ecoloxía, a conservación do medioambiente, a importancia de manter a biodiversidade e loitar contra o cambio climático", explicou a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro. Melchor, Gaspar e Baltasar, xunto cos seus paxes, reúnense cos animais de todo o mundo para convidar a reflexionar e pasalo ben. "A cabalgata do 2024 é unha festa, unha celebración das marabillas do mundo, de todo canto nos ofrece o planeta, un agasallo para os ollos e os sentidos", afirmou Ferreiro.

Durante o desfile polas rúas de Lugo repartiranse 2.000 quilos de caramelos, e as nenas e nenos que saúden aos Magos de Oriente no Concello recollerán un dos 3.000 cornetes de lambetadas, que levarán tamén un pequeno xoguete como recordo da chegada dos Magos a Lugo.

Multimedia

  • Rubén Arroxo e Maite Ferreiro supervisaron a montaxe das carrozas para a Cabalgata de Reis de 2024

Noticias relacionadas